Neste proxecto traballamos a evolución do clima ao longo da Historia da Terra e especialmente desde a aparición da Humanidade, para comprender como os cambios no clima condicionaron os feitos históricos.
O xeito de facer o traballo é:
Primeiro paso: Todos/as os/as membros do equipo de documentación e planificación deberán visualizar en primeiro lugar o documental en
dúas partes do que tedes o enlace de youtube no pdf anexo. Se dispoñedes de
SmartTv podedes velo en pantalla de televisión. Este documental daravos
unha boa idea do que pretendemos facer en paneis e achegaravos ao tema.
Segundo paso: Acceder ao pdf anexo e facerse cargo de cada un dos enlaces que lle fora asignado. Hai que facer unha ficha por cada enlace co título do artigo, cronoloxía no que se sitúa, tema, e ideas recollidas que podan formar o texto dun panel informativo.A información será completada por cada un/unha co que virades no documental sobre os vosos temas(terdes que repasar eses minutos concretos dos videos)
Terceiro paso: Posta en común.Planificar a orde en que se exporá a información é vital:como imos
presentar os paneis, que asunto haberá en cada un seguindo unha orde
cronolóxica.
Cuarto paso: Unha vez teñamos clara a info que queremos trasladar aos paneis temos que traspasala ao equipo TIC e explicarlla.
Tempo para facelo ata entregalo a TIC: Sería bo telo listo a finais de xaneiro. O Profesor Marcos Padín conta con que se lle pase a tarefa nese momento.
O alumnado participante como equipo de documentación e planificación queda exento de facer o traballo trimestral de Historia e obterá directamente o 1,5 para a segunda avaliación, sempre que demostrara competencia e interese. O alumnado TIC tamén terá compensación na materia de Historia en función do que me indique o Profesor da Materia.
No arquivo anexo en pdf tedes asignado cada membro do equipo os enlaces e outras tarefas que vos corresponden a cada un/unha.
Deixo un modelo de ficha editable en Openoffice para que a empreguedes, así irán todos os traballos iguais. Subídea á carpeta compartida en GoogleDrive da que vos enviei o enlace por mensaxería a cada un/ha e que tedes tamén máis abaixo nesta sección
Calquera dúbida plantexádea no foro de dúbidas para compartila entre todos/as, foro que aparece creado nesta sección.
EQUIPO DE DOCUMENTACIÓN e PLANIFICACIÓN:
4ºB.- Martín Almeida, Belén Aguilar, David Albes, Manu Toimil e Julia Maneiros
4ºC.- Laura Paz Sierra, Paula Pita da Veiga, Pedro Rey Anca
4ºD.- Lara Abad,Alejandro García del Barrio,Miquel Navarro, Carmen Liz, Yanira, Jorge Oubiña
ALUMNADO TIC:
4ºB.- Alejandro Couce, Natalia Díaz, Iago Labora, Cibrán, Nicolás, Hugo Santiago
4ºC.- Claudia, Romina, Adrián Graíño, Eva Maseda, Jaime Porcel, Juan Romero, Antón Sabín
4ºD.- Adrián Alvarez, Elena Tenreiro, Miguel Pena, Manuel Tenreiro, Andrés Torres