|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
INTERCAMBIO A FRANCIA - 2023 2024
O departamento de Francés do IES San Tomé, como ven facendo dende fai moitos anos, organiza un intercambio co Collège-Lycée Fénelon da cidade francesa de Clermont-Ferrand. O alumnado de francés de 1º e 2º idioma dende 1º de bacharelato ata 3º da ESO. teñen a posibilidade de participar nesta actividade. O límite son 35 prazas.
Este intercambio consiste nunha estancia de 5 días en Clermont-Ferrand, onde o alumno estará en contacto directo co alumnado francés. E logo nunha visita de 2 días e medio a cidade de París, onde poderedes admirar e coñocer os principais monumentos da cidade parisina.
Por razóns obvias e de capacidade, teñen prioridade os cursos máis altos, e os alumnos de 1º idioma.
Podedes consultar toda esta información nos arquivos adxuntos.
Si tedes dúbidas podedes falar con calquer profesor do departamento.
Cordialmente, os membros do departamento de Francés.
O pasado 3 de febreiro o noso alumnado asistiu a teatro en inglés. Foron dúas funcións distintas a cargo da compañía británica English Theater Company. A actividade estaba prevista no noso centro pero, por as obras, tivo lugar no IES Santa Irene, que amablemente nos cedeu as súas instalacións.
Máis fotos neste enlace
O luns día 6 de febreiro os alumnos do club de manga do IES San Tomé de Freixeiro foron invitados a participar nunha xuntanza organizada no IES Álvaro Cunqueiro. Alí, o alumnado puido desfrutar de actividades relacionadas co manga, co anime e coa cultura xaponesa organizadas polo clube de manga do Cunqueiro (Kahoots, un almorzo típico xaponés, un pictionary...) e charlas impartidas por alumnado do club de manga do Santa Irene. Ó rematar houbo incluso unha entrega de premios para quen gañara os distintos concursos.
Neste enlace podes ver máis fotos
Logo do parón debido á pandemia, este ano puidemos por fin retomar o intercambio. Nesta volta viaxamos a Francia cun grupo de 35 alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de BAC. Durante o percorrido de ida visitamos as covas de Lascaux e a vila de Sarlat-la-Canéda. Logo o alumnado foi recibido polos seus "corres" e as súas familias cos que conviviron durante uns días nos que tamén aproveitamos para visitar a cidade e a contorna. Nesa mórea de actividades, fumos ver curtametraxes, volcáns, igrexas, o museo Michelín... e ata fixemos un anaco de camiño de Santiago.
Na viaxe de volta, aproveitamos e fixemos dúas paradas para coñecer Avignon e Carcassonne.
Foi unha experiencia formidable segundo os propios protagonistas contaran no artigo del que foron protagonistas nun xornal local, onde mesmo fomos portada!
Unhas semanas despois, recibimos ao alumnado francés que aproveitou con moitas visitas e actividades a súa viaxe. Entre todos, voltamos a vivir experiencias ilusionantes e formativas que dan sentido ao esforzo que pola aprendizaxe do francés fai o noso alumando.
Logo do éxito de esta edición, xa estamos traballando para organizar a próxima!
Premer aquí para ver todas as fotos
De esquerda a dereita
Mar Palma Moldes (gañadora de ESO3), Uxía Fernández López (gañadora de ESO2 e mellor puntuación do instituto), Adrián Polo Rivera (ganador de ESO4) e Inés Otero Santamaría (gañadora de ESO1). Noraboa a tod@s.
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|