Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Articles

Proceso de pre-matrícula e matrícula para o curso 2024-2025

Atención! Non respostedes aos cuestionarios ata que o alumnado reciba a información na aula. Asemade, enviarase comunicación/información por Abalar ás familias.

  1. Información ao alumnado nas aulas.
  2. Pre-matrícula. Realizarase a través dos formularios dixitais. Atención! A pre-matrícula non ten validez oficial. 
  3. Procesamento dos datos e comezo do traballo de organización do vindeiro curso. 
  4. Matrícula oficial para o vindeiro curso nas datas establecidas pola Consellería de Educación (xuño-xullo)
    • Ao alumnado faráselle entrega do sobre de matrícula. Neste atoparán o documento que recolle a selección de materias que fixeron a través do formulario dixital ☞ Poderán confirmar ou modificar.

Proceso de admisión para o curso 2024-2025. Listas provisionais e definitivas

Publicada no taboleiro do anuncios, localizado no vestíbulo do centro, a lista provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025.

  • Reclamación das puntuacións outorgadas (baremo) na lista provisional ☞ Do 26 de abril ao 3 de maio de 2024
  • Publicación da lista definitiva ☞ 15 de maio de 2024

Resumo do proceso de admisión

Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras

Publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f) segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 12/02/24).

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968

Bolsas Eurolingua

Bolsas Eurolingua para a realización de cursos de Inglés en Irlanda -->  Becas Eurolingua.

  • Dúas semanas durante o verán,
  • Programa de inmersión todo incluído
  • Dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.

 

Bolsas a estudantes de niveis post-obrigatorios

Prazo de solicitude

Entre o 19 de marzo de 2024  e o 10 de maio de 2024 ás 15:00 h.

  • A través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes; autentificación por dúas vías.
    • Mediante usuario (DNI o NIE) e contrasinal establecida polo/a usuario/a no momento de rexistrarse. 
    • Mediante certificado electrónico - Cl@ve. 

Máis información

Falemos da ABAU

Co fin de informar sobre as probas ABAU e o proceso de admisión para o curso académico 24/25, achegámoslle uns videos curtos "Falemos da ABAU", creados pola Universidade de A Coruña, que esperemos que sexan de utilidade para o alumnado.

Relación de alumnado de 1º de bacharelato proposto polo centro como candidato para participar no proceso de selección das bolsas "Europa Santander"

En reunión de Consello Escolar celebrada o 26 de febreiro de 2024 definíronse os criterios para a selección de alumnado proposto polo IES San Tomé de Freixeiro para optar ás bolsas Europa Santander.

Estes criterios son:

  1. Selección de alumnado a considerar: Alumnado con cualificación media superior a 9 en ESO --> 15 alumnos/as cumpren este criterio.
  2. Orde deste alumnado seleccionado: Cualificación media no primeiro trimestre de 1º Bacharelato --> 3 alumnos seleccionados/propostos e 12 alumnos/as suplentes.

A listaxe que relaciona o alumnado seleccionado/proposto e o alumnado suplente atópase publicada no vestíbulo do centro