Skip to Content

Bolsas e axudas

Publicadas axudas para a realización de actividades de formación en STEM e STEMweek ano 2019

A consellería de Educación convoca axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019 para alumnado de centros públicos. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de maio de 2019.

As axudas están destinadas a alumnado de 3º e 4º de ESO que teñan todas as materias superadas e unha puntuación mínima de 6 na materia de inglés no curso 2017/2018.

As quendas serán do 25 ao 31 de agosto e do 1 o 7 de setembro. Para máis información, STEMweek

Publicadas as listaxes das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

O 16 de abril publicáronse as listaxes correspondentes ao establecido no artigo 17.1 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 20/02/2019).

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de febreiro e remata o 20 de marzo.

Máis información no enlace https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Programa Vigo en Inglés

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes comeza o luns 21 de xaneiro e remata o venres 1 de febreiro.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información www.vigoeningles.org

Becas fundación Amancio Ortega

Está aberto ata o día 30 de outubro (13:00 horas) o prazo para solicitar unha das 600 becas para estudar 1º de bacharelato en Estados Unidos que convoca a fundación Amancio Ortega.

No seguinte enlace pódese consultar toda a información.

https://becas.faortega.org/

Becas MEC para estudos non universitarios

Ata o día 1 de outubro está aberto o prazo para solicitar becas para estudos non universitarios. A presentación farase mediante formulario on-line, a través da páxina web do Ministerio de Educación.

Pódese consultar toda a información no seguinte enlace:

http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2018-2019/estudios-no-universitarios.html

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

No DOG do 21 de maio saiu publicada a orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019.

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

Publicadas na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria as listaxes provisionais ao abeiro do artigo 16.3 da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 7/02/2018)

http://www.edu.xunta.es/axudasle

6ª convocatoria de Bolsas de Eurolingua para Irlanda

O portal Xuventude.net da Consellería de Política Social recolle esta convocatoria realizada por unha empresa privada que ofrece un curso gratuíto de inglés en Irlanda de dúas semanas de duración este verán. Non podemos descartar que a convocatoria teña fins publicitarios comerciais. A publicación de Xuventude.net di asi:

Publicadas as listaxes das "Axudasle" convocadas polo Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa

En cumprimento do disposto no artigo 16.1 da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en línguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 7/02/2018) publícanse as seguintes listaxes:

Distribuir contido


by Dr. Radut