Skip to Content

Bolsas e axudas

AVISO IMPORTANDE FONDO LIBROS

                                             AVISO IMPORTANDE FONDO LIBROS

Debido a un erro no procedemento de xestión do fondo de libros pode haber algunha variación nos libros adxudicados. Recomendados esperar ata a semana queven para adquirir os libros e facer caso omiso da información que amosa a aplicación do fondo libora ata novo aviso.

Información fondo libros

Información relevante acerca do fondo solidario de libros de texto para a ESO.

  • As listas definitivas serán publicadas o día 15 de setembro de 2021.
  • Ata ese momento non comenzará o reparto de libros ao alumnado.

Información fondo libros

Información relevante acerca do fondo solidario de libros de texto para a ESO.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar 2021/22

A día de hoxe, 20 de maio de 2021, publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Publicación definitiva becas bacharelato

Informamos que na páxina do Ministerio de Educación y FP foron publicadas as resolucións definitivas correspondentes ao curso 2020/2021 da Convocatoria Xeral de Bolsas e Axudas ao Estudo para Niveis Postobrigatorios Non Universitarios e da Convocatoria para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas para o reparto de máscaras entre o alumnado

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicouse no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto a listaxe provisional de solicitudes concedidas e excluídas, indicando a causa de exclusión.

O prazo de reclamación é de dous días hábiles a partires do día seguinte ao da súa publicación, é dicir, mércores 2 e xoves 3 de decembro.

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

No enlace podedes acceder á paxina web do ministerio onde atoparedes máis información e o acceso online para a súa tramitación. Tamén é posible tramitalo a través do centro.

Enlace á web do ministerio

 

Convocadas as Becas de estudo do Ministerio de Educación para o curso 20/21

Desde o 9 de agosto e ata o 1 de outubro está aberto o prazo para solicitar becas e axudas para o estudo que covoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Para máis información, podedes visitar a páxina do Ministerio da que facilitamos o enlace.

Enlace 

Vigo en Inglés - Concello de Vigo

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes (pendente de publicación en BOP) está previsto que comece o luns 16 de marzo e remate o 30 de marzo.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información en https://www.vigoeningles.org/

Convocatoria do programa AXUDASLE 2020

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia matriculados en ESO ou Bacharelato.

O prazo permanecerá aberto desde o 27 de febreiro ata o 26 de marzo (incluído).

Máis información no enlace https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Distribuir contido


by Dr. Radut