As probas celebraranse no IES Politécnico (Rúa do Conde de Torrecedeira, 88), en sesións de mañá e tarde, os días 26 de maio (convocatoria ordinaria) e 1 de setembro de 2023 (convocatoria extraordinaria).
Publícase o calendario de exames para a avaliación final ordinaria de 1º BACH do mes de maio. A estes exames só poderán presentarse as persoas que adiantan a avaliación para que coincida coa de 2º BACH. Podedes consultar os horarios das probas no documento adxunto.
Publícase o calendario de exames da Avaliación final ordinaria e extraordinaria de 2º de BACH Adultos. Podedes consultar toda a información no documento adxunto.
Os días 24 e 25 de abril terán lugar os exames para a avaliación extraordinaria do 1º cuadrimestre dos cursos da ESA III e da ESA IV. Poden consultar os horarios no documento adxunto.