Skip to Content

Avaliación e exames

Acreditación da competencia dixital do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades ven de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa as etapas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditarán no curso 2023-2024 son os seguintes:

  • ComDix Iniciación (Equivalente a nivel A2)
  • ComDix Intermedio (Equivalente a nivel B2)

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

As acreditacións do alumnado terán unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición entregando o impreso adxunto na secretaría do centro ata o día 15 de marzo de 2024, incluído. Os impresos serán entregados a todo o alumnado en formato físico, polo que non é necesario que o alumnado o imprima.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023-2024, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de abril. Terá unha duración de 20 minutos e realizarase en horario lectivo.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de maio. Terá unha duración de 90 minutos e realizarase en horario lectivo.

Informarase do día e da hora das probas coa antelación suficiente para a organización das mesmas.

Aínda que a inscrición nas probas é voluntaria recoméndase a todo o alumnado de 2º de Bacharelato presentarse ás mesmas.

As probas son gratuítas para todo o alumnado.

Normativa completa premendo AQUÍ

Máis información premendo AQUÍ

Instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

Acceso á Resolución premendo AQUÍ

Probas INEF 2024 (Universidade de A Coruña)

Convocatoria das probas físicas de acceso aos estudos de grao en ciencias da actividade física e o deporte, da facultade de ciencias do deporte e a educación física da universidade de A Coruña (UDC), para o curso académico 2024-2025.

Máis información premendo AQUÍ

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES (3ª avaliación)

No documento adxunto pódense consultar as datas e as aulas asignadas para a realización dos exames de pendentes correspondentes á 3ª avaliación.

ESA III e IV - Calendario final do 1º cuadrimestre e presentación do 2º cuadrimestre

No ficheiro adxunto podedes consultar o calendario de fin do 1º cuadrimestre da ESA III e ESA IV do curso 2023/24. Así como a data, hora e aula da presentación do curso do 2º cuadrimestre.

• 2 de febreiro: Remate das clases do 1º cuadrimestre.

• 5, 6 febreiro: Exames finais da ESA.

• 8 febreiro: Entrega de notas

• 9 de febreiro: PRESENTACIÓN do 2º cuadrimestre. 18.00 h.

• 15 de febreiro: Comezo das clases do 2º cuadrimestre.

Listaxe definitiva de alumnado prosposto - Probas de nivel lingüístico

 

Publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico (Inglés e francés) e as taxas de exame. O período de de pago das taxas de exame comezará o o venres, día 02 de febreiro de 2024, e rematará o xoves, día 29 de febreiro de 2024, ambos inclusive.

  • O pago das taxas de exame realizarase na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h, entregando a cantidade indicada nun sobre onde figure o nome e apelidos do/a alumno/a e o DNI.
  • De non consolidar o pago das taxas de exame no plazo establecido entenderase que o/a alumno/a renuncia á realización das probas e, de ser o caso, á bolsa adxudicada.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

Listaxe provisional de alumnado prosposto - Probas de nivel lingüístico

Publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico (Inglés e francés) e as taxas de exame. O período de reclamacións e cambios será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional.

"A mellor forma de predicir o futuro é crealo" Peter Drucker

Consulta o blog de orientación para enterarte de todo o relacionado cas diferentes vías de estudo premendo  sobre as seguintes cores:

 Listaxes descargables:

 

  • Área de coñecemento: ARTES E HUMANIDADES

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS DA SAÚDE

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento:ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA

UVIGO           USC            UDC

 

Tamén podes utilizar diferentes ferramentas (axuda1, axuda2, axuda3, axuda4) que che axudarán a decidir que é o que mellor se adapta a ti.

Ligazón ao blog Elorienta específico para o IES Santa Irene e ao aplicativo interactivo con cuestionario vocacional incluido.

Dúbidas xerais sobre ABAU e o ACCESO a universidade. Aclaracións de interese sobre o proceso. Notas de corte da ABAU 2023. Táboa de ponderacións 24-25.

* As cualificacións da parte voluntaria soamente serven para ese mesmo ano e o seguinte e as da parte obrigatoria para sempre.

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES (2ª AVALIACIÓN)

En adxunto publícase o calendario de exames para a 2ª avaliación das materias pendentes

Distribuir contido


by Dr. Radut