Axuda

Non teño acceso á aula virtual

Para acceder á aula virtual necesitas coñecer os teus datos de acceso:

  1. o teu nome de usuario (a parte do teu enderezo de Gmail no dominio iessantairene.es que está á esquerda da arroba);
  2. o teu contrasinal.

Se podes acceder ao teu correo de Gmail no dominio iessantairene.es, consulta a sección seguinte sobre como Obter un contrasinal novo para recuperar o acceso.

Noutro caso, ponte en contacto co teu profesor titor ou a túa profesora titora para que che dea os teus datos de acceso, ou chos volva dar se os esqueciches. Se cambiaches o contrasinal da túa conta de correo, dillo ao teu profesor ou profesora para que o administrador de G Suite do centro che restableza o teu contrasinal.

Obter un contrasinal novo

Non podes recuperar un contrasinal esquecido, pero podes poñer un contrasinal novo que che permita recuperar o acceso á aula virtual.

  1. Abre a páxina seguinte: Contrasinal esquecido.
  2. Na caixa Enderezo de correo escribe o enderezo de correo co que estás rexistrado na aula virtual e pulsa en Buscar. Para o alumnado este enderezo de correo é o seu enderezo de Gmail no dominio iessantairene.es; para o profesorado é normalmente o seu enderezo de correo no dominio edu.xunta.gal.
  3. Abre o teu correo, busca unha mensaxe nova con asunto «Aula virtual do IES Santa Irene: Solicitude de restabelecemento de contrasinal» e sigue as instrucións.
  4. Chegarás a unha páxina onde poderás poñer un contrasinal novo.

Se non podes acceder á túa conta de correo de Gmail no dominio iessantairene.es, ponte en contacto co teu profesor titor ou a túa profesora titora para que che volva dar os teus datos de acceso. Se cambiaches o contrasinal da túa conta de correo, dillo ao teu profesor ou profesora para que o administrador de G Suite do centro che restableza o teu contrasinal.

Crear un curso novo

  1. Preme en Administración do sitio ao final da barra esquerda.
  2. Preme en Engadir/Editar cursos no centro da xanela.
  3. Preme na categoría na que queres crear o curso. Por favor consulta a documentación sobre Categorías de cursos para seleccionar a categoría apropiada
  4. Preme na ligazón Crear curso novo.
  5. Completa o formulario Engadir un curso novo. Por favor, para completar o formulario consulta e aplica as convencións relativas á Denominación dos cursos.

A consellería publicou este Videotitorial: Creación de cursos usando a versión anterior da aula virtual (Moodle 2.6).

Matricular o alumnado no curso

  1. Na barra lateral esquerda selecciona Participantes.
  2. Pulsa na roda dentada para abrir o menú e selecciona Usuarios matriculados.
  3. Pulsa no botón Matricular usuarios da esquina superior dereita.
  4. Busca un alumno ou alumna e pulsa no botón Matricularse correspondente.
  5. Repite o paso anterior mentres haxa alumnado sen matricular e pulsa Rematar a matriculación de usuarios para rematar a sesión de matriculación.

Configurar a automatriculación do alumnado no curso

A automatriculación do alumnado é útil cando o alumnado é moi numeroso, pero ofrece menor control do proceso de matriculación; ademais, o alumnado automatriculado pode desmatricularse a si mesmo.

  1. Na barra lateral esquerda selecciona Participantes.
  2. Pulsa na roda dentada para abrir o menú e selecciona Métodos de matriculación.
  3. Se o método de Automatriculación non figura no listado, no cadro de selección Engadir método selecciona Automatriculación. Se o este método xa está no listado, asegúrate de que estea activado (que o ollo non estea riscado) e preme na roda dentada correspondente.
  4. Ábrese o formulario Automatriculación. É obrigatorio indicar a Chave de matriculación que o alumnado deberá introducir para completar a matriculación. Os datos restantes poden quedar cos seus valores predeterminados. Pulsa no botón Gardar os cambios para rematar.

Restaurar unha copia de seguranza

A restauración das copias de seguranza faise desde o menú de administración dos cursos. Se aínda non tes ningún curso nesta aula virtual, debes crealo primeiro (→Crear un curso novo). Por motivos de seguranza, o profesorado non pode restaurar unha copia de seguranza como un curso novo, posto que, desafortunadamente, ese permiso permitiríalle tamén sobrescribir calquera curso existente na aula.

  1. Na portada de calquera curso pulsa sobre a roda dentada para abrir o menú de administración do curso e selecciona a opción Restaurar.
  2. Arrastra desde o teu equipo sobre o cadro de importación a copia de seguranza que queres restaurar, e unha vez rematada a importación, pulsa no botón Restaurar. Alternativamente, selecciona unha das copias de seguranza almacenadas nas áreas de copias de seguranza e pulsa na ligazón Restaurar.
  3. Paso 1: Confirmar. Revisa os detalles da copia de seguranza cargada e, se é a copia que queres restaurar, pulsa no botón Continuar ao final da páxina.
  4. Paso 2: Destino. Esta páxina ten tres seccións: Restaurar como curso novo, Restaurar neste curso, e Restaurar nun curso existente. Non podes restaurar a copia como un curso novo, así que quédanche dúas opcións:
    • Restaurar neste curso. Selecciona a opción de fusionar contidos ou eliminar o contido do curso actual e pulsa no botón Continuar que está xusto debaixo das opcións.
    • Restaurar nun curso existente. Selecciona a opción de fusionar contidos ou eliminar o contido do curso actual e o curso que queres sobrescribir, e pulsa no botón Continuar que está xusto debaixo do cadro de busca de cursos.
  5. Paso 3: Axustes. Nesta páxina selecciona o que queres incluír na restauración e pulsa no botón Seguinte. En caso de dúbida acepta as opcións predeterminadas.
  6. Paso 4: Esquema. Nesta páxina podes sobrescribir a configuración do curso e seleccionar os contidos. Fai os axustes desexados e pulsa no botón Seguinte.
  7. Paso 5: Revisar. Revisa a configuración de restauración. Se todo é correcto, pulsa no botón Executar a restauración; en caso contrario, pulsa en Cancelar para cancelar a restauración, ou en Anterior para modificar as opcións anteriores.
  8. Paso 6: Proceso. O sistema executa a restauración.
  9. Paso 7: Completa. Se non houbo erros, verás esta mensaxe: O curso foi restaurado satisfactoriamente . Se preme no botón «Continuar» poderá ver o curso que ven de restaurar.

Eliminar un curso vello

Se queres que o administrador elimine un curso vello que xa non vas usar:

  1. Na portada do curso pulsa sobre a roda dentada para abrir o menú de administración do curso e selecciona a opción Editar a configuración.
  2. No cadro Categoría de cursos selecciona Papeleira, ao final da lista.
  3. No cadro Visibilidade do curso selecciona Agachar.
  4. Ao final da páxina pulsa no botón Gardar e presentar.

O administrador da aula eliminará o curso na revisión seguinte.

Restabelecer un curso para novo uso

Antes de volver usar un curso co alumnado, é necesario restabelecelo para eliminar o alumnado vello, as tarefas entregadas, as cualificacións das probas, etc. Se, opcionalmente, indicamos unha nova data de inicio, axustaranse tamén as datas das actividades programadas adiándoas o numero de días que medien entre a nova data de inicio e a data vella.

  1. Na portada do curso pulsa sobre a roda dentada para abrir o menú de administración do curso e selecciona a opción Restabelecer.
  2. Ábrese a páxina Restabelecer o curso. Vai ao final da páxina e pulsa no botón Seleccione o predeterminado para marcar as opcións predeterminadas.
  3. Indica as novas datas de inicio e finalización e revisa as opcións marcadas: en caso de dúbida deixa marcadas unicamente as opcións predeterminadas.
  4. Pulsa no botón Restabelecer o curso para iniciar o proceso. Ao finalizar presentarase un resumo. Pulsa Continuar para volver á portada do curso.

Cambiar o enderezo de correo

Para evitar que o alumnado cambie o seu enderezo de correo, ningún usuario da aula virtual pode cambiar o seu. Os profesores ou profesoras que desexen cambiar o enderezo onde reciben o correo da aula virtual poden pedirllo ao administrador da aula virtual.

Cambiar o editor de texto

  1. Pulsa enriba do teu nome ou icona para abrir o menú do usuario e selecciona a opción Preferencias.
  2. Baixo o epígrafe Conta do usuario pulsa na ligazón Preferencias do editor.
  3. No cadro Editor de texto selecciona entre Editor predeterminado (actualmente, Atto), Editor HTML Atto (o editor novo), Editor HTML TinyMCE (o editor vello), ou Area de texto simple (ningún editor).
  4. Pulsa no botón Gardar os cambios efectuar o cambio.

Crear etiquetas e engadir ficheiros

A consellería publicou este Videotitorial: Crear etiquetas e engadir ficheiros usando a versión anterior da aula virtual (Moodle 2.6).

Crear tarefas para o alumnado

A consellería publicou este Videotitorial: Crear tarefas para o alumnado usando a versión anterior da aula virtual (Moodle 2.6).

Corrixir tarefas

A consellería publicou este Videotitorial: Corrixir tarefas do alumnado usando a versión anterior da aula virtual (Moodle 2.6).

Crear e xestionar foros

A consellería publicou este Videotitorial: Creación e xestión de foros usando a versión anterior da aula virtual (Moodle 2.6).

Última modificación: Mércores, 31 de Agosto de 2022, 18:55