Oferta EE.DD

OFERTA EDUCATIVA DE FP E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL NO IES SÁNCHEZ CANTÓN

Na actualidade no IES Sánchez Cantón pódense cursar, ademáis da ESO e do Bacharelato nas súas diferentes modalidades, os seguintes estudos de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial:

  • Ciclo formativo superior correspondente ó título de Técnico Superior en Animación de Actividade Física e Deportiva, no que se desenvolven competencias profesionais relacionadas coa programación, organización, execución e avaliación de proxectos e actividades físicas recreativas, de acondicionamento físico para a mellora da saúde e de iniciación deportiva.
  • Técnico Deportivo en fútbol, con dous niveis formativos, prepara para o desempeño profesional da iniciación, a tecnificación e o adestramento de xogadores e equipos de fútbol.
  • Técnico Deportivo en balonmán, con dous niveis formativos, prepara para o desempeño profesional da iniciación, a tecnificación e o adestramento de xogadores e equipos de balonmán.
  • Técnico Superior en fútbol, prepara para o desempeño profesional do adestramento e a dirección de equipos de fútbol de alto nivel.
  • Técnico Superior en balonmán, prepara para o desempeño profesional do adestramento e a dirección de equipos de balonmán de alto nivel.
  • Formación semipresencial bloque común Técnicos Deportivos: O profesorado do Departamento de Educación Física do IES Sánchez Cantón está a traballar no deseño dos contidos a desenvolver a través da Plataforma Platega dende o curso 2013-14. A formación específica para o desenvolvemento do curso na plataforma Platega realizouse no mes de Setembro - Outubro do 2014. Para máis información e prazos de matrícula, poñerse en contacto co Servizo de ensinanzas de réximen especial  en Santiago de Compostela. 
É importante destacar que todas estas titulacións son oficiais e teñen validez académica e profesional, xa que permiten o acceso a outras titulacións superiores e cualifican para o exercicio profesional no sector produtivo da actividade física e do deporte a nivel Español e Europeo
Equivalencias destas titulacións a nivel académico:
  • Técnico Deportivo / Ciclo Medio FP
  • Técnico Deportivo Superior / Ciclo Superior FP

Última modificación: Xoves, 28 de Xullo de 2016, 18:22