Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS

A

Apoptose

 Morte celular programada.U.S. National Library of Medicine

Hai varios tipos de morte celular, a apoptose é unha morte "limpa" xa que non se produce inflamación, os restos da célula que se suicida son aproveitados por outras e os elementos tóxicos da mesma son "empaquetados".

É un proceso moi útil para evitar que a célula siga dividindose cando o seu ADN está danado e deste modo non se pasa o problema á proxenie.

O cancro é o resultado de células que non son quen de suicidarse pondo en perigo a todo o organismo.

Ler máis


B

Bioética

"Las decisiones médicas guiadas en el principio bioético central de la beneficencia deben respetar también otros valores junto con el de la vida. La vida y la libertad, la identidad la integridad, la salud y el bienestar  constituyen valores que apareados constituyen la fundamentación de una bioética apoyada en los derechos humanos. La obligatoriedad ética de no dañar es anterior y más importante que la exigencia de promover el bien (“primun non nocere”) y ha sido reconocido como principio bioético (no maleficencia).Cuando la técnica actualmente disponible y aplicada a la medicina, y en este caso el soporte vital, sustituye como medio a los fines se produce una inversión de las metas de la medicina. Esta medicina de hoy, donde la soberanía de los medios se justificarían a sí mismos nos lleva no sólo a que el fin justificaría  los medios, sino que puede hasta consentir que la aplicación indiscriminada de algún medio justificara cualquier fin. La traducción de este imperativo tecnológico a la medicina (“porque se puede se debe”), es el sustrato de  formas indignas de muerte con sufrimiento, aislamiento y desfiguración ." Dr. Carlos R. Gherardi.

máis información


C

Cacotanasia

Morte moi penosa a causa dunha prolongación da agonía por medio de técnicas médicas. Recibe tamén o nome de distanasia.

Pode ser usado como sinónimo de mala morte.

Unha testemuña sobre a cacotanasia


Célula eucariota

Caracterízase por ter un núcleo rodeado por unha membrana. Son máis grandes e presentan unha maior complexidade que as procariotas. Poden reproducirse de forma asexual ou ben, en organismos complexos como o ser humano, de modo sexual .
Na reprodución sexual, "os descendentes son xeneticamente moi diferentes dos seus proxenitores. As diferenzas xenéticas dos novos individuos débense a que se formaron a partir dunhas células haploides, as reprodutoras sexuais (meiosporas e gametos). Estas orixináronse mediante meiose, proceso no que se produciu unha recombinación ao azar de xenes entre cada cromosoma homólogo, formándose cromosomas diferentes (recombinantes) en cada célula sexual."  Ler máis 


Célula HeLa

Henrietta LacksA diferenza doutras células de humanos que envellecen e morren logo dunhas 50 divisións, as chamadas células HeLa non se morren, nin sequera envellecen cando se lles prové das condicións necesarias para vivir, ata fóra dun corpo humano, válelles un tubo de ensaio. Son potencialmente inmortais.
Como as descubrimos e o seu nome merecen seguir lendo:
A muller da fotografía, Henrietta Lacks, morreu en 1951 dun cancro de útero. O normal é que en poucas horas todas as súas células fosen morrendo, pero unha mostra das súas células tumorales tomada para análise perpetúanse nos laboratorios de todo o mundo e son de especial utilidade para o estudo e curación de moitas enfermidades como a pliomielite.

Parece ser que hai hoxe máis células de Henrietta que as que na súa vida formaban o seu corpo. 

Ler máis sobre a circunstancias de Henrietta e esta investigación


Célula procariota

 300px-Average_prokaryote_cell-_es.svg.png

 

Son células carentes de núcleo, cunha estructura moi simple, o seu ADN  encóntrase no citoplasma  onde non se aprecian orgánulos agás os ribosomas. Teñen bastante resistencia ás condicións externas adversas. As bacterias pertencen a este grupo.
Reprodúcense por bipartición, o individuo xerado ten a mesma dotación cromosómica e idéntico xenoma que a célula proxenitora.

Considérase que son as células que ao longo dun proceso evolutivo de 1500 millóns de anos deron lugar a outras máis complexas, as células eucariotas, que posibilitaron  a multiplicidade de organismos.


Claudicación familiar

http://www.esmas.com/salud/home/noticiashoy/670033.htmlÉ a incapacidade dun, varios ou todos os membros da familia para dar a resposta e coidados axeitados as demandas e necesidades d@ enferm@.

A claudicación dos compoñentes da familia non ten por que coincidir no tempo. Existen diferencias dunhas familias a outras.

Algúns factores que inciden nas crises de claudicación:

O tipo de familia, extensa ou reducida, cando son poucos membros existen poucas posibilidades de relevarse, isto pode verse agravado se existen nen@s pequen@s ou outras persoas dependentes as que atender. Nas familias extensas poden producirse conflitos por discrepancias de criterios ou ideolóxicas sobre a estratexia a seguir coa persoa enferma. A chegada tardía dun familiar afastado espacial ou afectivamente da persoa terminal, que irrompe coas súas críticas, constitúe un desencadeante da crise .

Lugar de residencia e contorno. Por regra xeral, no medio urbano as familias contan con pouco apoio de comunidade veciñal, os domicilios non posúen as características espaciais apropiadas para atender ao enfermo. A máxima complicación dáse cando a familia está desprazada do seu medio como nos casos de emigración, ao que hai que sumar as dificultades por idioma e cultura.

A proceso da enfermidade, especialmente no momento crítico en que se esgotan os tratamentos curativos. Neste sentido sería de máxima importancia que a intervención de  coidados paliativos se producise antes da renuncia ás accións curativas para facilitar á familia e ao paciente esta transición evitando a sensación de desacougo e perda de control total.

A experiencias de perdas anteriores. Cando na familia existe alguén que xa tivo esas ou parecidas vivencias pode servir como guía para a aprendizaxe do resto, en especial das xeracións máis novas que se atopan desbordadas pola situación ao carecer de referentes. A carencia total de modelo a seguir e o descoñecemento do que vai suceder favorece a aparición da claudicación.

Pódese facer unha tipoloxía da claudicación dependendo do momento da aparición, a duración, a área afectada, número de persoas, causa...

máis información


Coidadores / coidadoras

A miúdo ante unha enfermidade grave ou prolongada aparece a figura do coidador/a principal, é dicir, a persoa que máis tempo pasa co enfermo e que xeralmente ten a resposabilidade de tomar certas decisións á requerimento do equipo médico ou do resto da familia.

As persoas que actúan como coidadoras principais teñen que soportar unha enorme sobrecarga tanto psíquica como física polo que cómpre contemplar apoio psicosocial para elas.

Nalgunhas Unidades de Paliativos están a darse conta, se ben queda camiño por percorrer,  de que a atención médica non pode reducirse ao paciente, senón a unidade familiar que vive o proceso, xa que ademais o estado do/a paciente é inseparable do dos seus seres queridos.

Cada familiar necesita ser escoitado en relación a situación que está vivindo e as emocións emparelladas con ela, isto aliviará as tensións familiares asociadas a estas circunstancias.

Segundo estudos realizados en 2008 polo Equipo de Soporte de la Unidad de Cuidados Paliativos de Badajoz o 90% dos coidadores principais son mulleres, xeralmente esposas ou fillas.


D

Distanasia

Véxase cacotanasia.

"O dó non é un estado, senón o proceso de experimentar reaccións psicolóxicas, sociais e físicas ante a percepción dunha perda" Esta é a concepción dinámica que recolle C. Poch: La muerte y el duelo en el contexto educativo.

PSIQUIATR. Pódese recoñecer, con D. Lagache e M. Hanus, un duelo normal, un duelo complicado e un duelo patolóxico.

Se o primeiro resólvese bastante rapidamente, pasando sucesivamente polas fases de angustia, de depresión e de adaptación, grazas aos procesos de desinvestidura, de interiorización e de identificación co obxecto desaparecido, de culpabilidade e logo, de separación final, non sucede o mesmo nos outros dous, que pertencen ao cadro da patoloxía psíquica.


O dó complicado caracterízase por un bloqueo do traballo [ver traballo de dó] que prolonga da fase depresiva, reaccións de tensións (con posibilidade de manifestacións psicosomáticas graves) e pasaxes ao acto suicida particularmente frecuentes.


O dó patolóxico desemboca na enfermidade mental. Os seus síntomas característicos son un atraso na aparición da aflición e logo unha prolongación da súa evolución mais alá dos dous anos e unha ameaza real sobre a saúde psíquica. Pode tratarse dunha verdadeira psicose melancólica ou maniaca (teima de dó con negación da perdida) ou dun dó obsesivo, ou ata dunha histeria de dó. Nesta ultima forma, bastante frecuente, a persoa en dó compórtase coma se o defunto seguise estando vivo. Fálalle, garda o seu sitio na mesa, a súa cama e a súa habitación con todos os seus aveños persoais, nun marco imaxinario de case-realidade, verdadeiro lugar de supervivencia. A identificación co desaparecido tradúcese na reprodución máis ou menos inconsciente dos seus síntomas, con risco de chegar a perturbacións somáticas de conversión ás veces moi graves. A identificación fixouse e fai necesario que o paciente inicie unha psicoterapia para que o seu dó poida ser mobilizado e para que sexa elaborado ata a súa evolución final.
En efecto, as formas complicadas e patolóxicas do dó deben tratarse o mais precozmente posible, primeiro mediante tratamentos específicos para os estados depresivos ou maniacos, logo mediante terapias de inspiración psicoanalítica, que normalmente deben acompañarse de medidas de readaptación social e afectiva. J.P.


Tomado de Diccionario de Psicoloxía. Ediciones del Prado

Saber máis


E

Ensañamento terapéutico

x

Estados vexetativos

O suxeito non ten percepción do seu ser nin do seu contorno, ten perdido o  que o identifica como persoa respecto á comunicación, conciencia e afectividade.

Tipos:
Estado vexetativo persistente,  ata un mes de duración, non implica irreversibilidade.
Estado vexetativo permanente,  cando a duración é superior a tres meses ou doce se a causa foi un traumatismo, inclúe a irreversibilidade do proceso.

Segundo Wikler "cando queda abolida totalmente a conciencia a persoa desaparece quedando vivo o corpo que a albergou" .

Máis información


L

Liímite de Hayflick

É o número máximo de divisións das células eucariotas antes de morrer por apoptose. Este máximo está definido para cada especie, no caso da humana rolda as cincuenta divisións en células sanas o que supón que o tempo potencial de vida dos humanos non pode superar moito os 125 anos.


M

Morte biolóxica

É a morte do ser coma organismo biolóxico.

Pode que certos órganos do corpo como pulmóns ou corazón sigan a funcionar mediante axuda externa con máquinas artificiais pero o individuo como conxunto mente-corpo está morto, non ten ningún tipo de conciencia, e o cerebro non ningún tipo de actividade vital.

Nos seguintes cadros esquematízanse algunhas das diferentes posibilidades de coincidencia no tempo entre a morte biolóxica e as outras mortes.

morte biolóxicamorte biolóxica

(Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho)


Morte cerebral

A morte encefálica foi o resultado do informe do Comité de Harvard (integrado por dez médicos coa asistencia dun abogado, un historiador e un teólogo) que aconsella en 1968 unha nueva definición de morte baseada na irreversibilidade do dano cerebral producido (JAMA 5/08/1968).

Ao falar da morte cerebral, prodúcense algunhas veces certas controversias derivadas de tomar como criterio da mesma o cese da actividade da corteza cerebral  ou neocortical (non existe posibilidade de reversión para volver a ter sensibilidade, nin motilidade voluntaria, nin ningunha actividade consciente, nin función intelectual coma percibir, falar, pensar...) ou o cese da actividade do tronco cerebral (encargado da respiración, latexo cardiaco). Isto último vén a ser propiamente a morte encefálica.

Pode existir algún "tipo de vida", por exemplo as células do esperma, actividade endocrina, un corpo así pode considerarse un cadáver latexando.

Para  determinar a defunción se aprecia o rexistro plano  dun electroencefalograma polo menos durante oito horas, sempre que se descarten circunstancias de hipotermia (30 a 32,2 ºC), por causas externas ou por inxesta de drogas depresoras en cantidades anestésicas ou terapéuticas que podrían simular unha morte cerebral.

Cómpre establecer unha diferenza cos estados vexetativos, de intensidade variable,  onde o dano neurolóxico pode ser menor de modo que non se cumplan os criterios establecidos para determinar a morte encefálica.

No estado vexetativo persitente non existe percepción dun mesmo nin da contorna (ata un mes) pero non hai certeza da irreversibilidade.

O estado vexetativo permanente engade ao anterior a irreversibilidade e diagnostícase pasados tres meses desde o dano non traumático ou doce meses no caso de dano traumático. Encaixa no paradigma de morte cerebral.

Ler máis


Morte fisiolóxica

Prodúcese cando non funciona ningún dos órganos vitais: cerebro, corazón pulmóns, riles.

Pouco a pouco, nas horas seguintes, van morrendo as células que compoñían antes o organismo.

Véxase morte biolóxica para comprender a diferenza.


Morte legal

A morte legal resulta do recoñecemento oficial "do cesamento permanente (ou irreversible) do funcionamento integrado do organismo como conxunto (CAPRON 1999). Tal definición conduce a considerar morto a quen perdeu aquelas funcións reguladoras do organismo como conxunto, a pesar de que outras actividades orgánicas, como o crecemento dalgúns tecidos, e outras funcións metabólicas residuais se mantéñan durante algún tempo tras a declaración da morte." (David Rodríguez-Arias. 2008)

Tradicionalmente considerábase o cesamento do funcionamento do corazón e a consecuente parada circulatoria e/ou o cesamento da respiración como feitos sobre os que declarar a morte. Na actualidade debido ao desenvolvemento de técnicas e artefactos médicos que permiten substituir estas funcións recórrese á inactividade irreversible encefálica, aínda que tamén este criterio está sendo posto en cuestión e fálase xa de morte cerebral para referirse á irreversibilidad das funcións do neocortex.

As repercusións dese recoñecemento son múltiples e de gran importancia, para empezar supón a autorización para o cesamento de tratamentos de soporte vital, a posible extracción de órganos, a posta en marcha dos mecanismos de herdanza e outros dereitos que corresponden aos sucesores e por suposto os permisos para ocuparse do cadáver segundo a lexislación vixente.

En ausencia de cadáver e cando as circunstancias especiais (naufraxios, accidentes aéreos, situacións bélicas, catástrofes, desaparicións, etc.) fan pensar na morte do suxeito, a lei contempla no artigo 34 do Código Civil a "presunción de morte do ausente" que desenvolve no Título VIII e que manexa prazos para declarar o falecemento que van de dous a dez anos dependendo das circunstancias.

Noutra orde de cousas cabería facer consideracións non menos importantes sobre a morte por imposición legal. É o caso da pena capital vixente en moitos estados e a morte sobrevida nas guerras e outras accións bélicas por esixencia igualmente das políticas estatais.


Morte neumocardíaca

Vén orixinada por unha inactividade do corazón e dos pulmóns que deixan de subministrar osíxeno e enerxía ao cerebro e ao resto do organismo.

Os criterios tradicionais de detección da morte son a detención do pulso e do corazón, ausencia de respiración espontánea, falta de receptividade e de reaccións aos estímulos sensoriais, perda absoluta da conciencia, dilatación das pupilas de ambos os ollos, atonía muscular e carencia de reflexos.


Morte persoal

A morte persoal, chamada tamén morte biográfica, é defendida entre outros autores por Green e Wikler en 1980 e un número significativo de bioéticos que manteñen que a morte dun ser humano non pode definirse pola perda das súas funcións orgánicas senón pola imposibilidade de recuperar as capacidades máis esenciais da natureza humana, é dicir, a conciencia, a personalidade, volición e cognición, é dicir, a identidade persoal.

O concepto de persoa que se vén manexando no Código Cívil difire do explicado aquí. No Título II, Capítulo I, nos seguintes artigos  dise:

Artigo 29.

"El nacimiento determina la personalidad; pero el concebido se tiene por nacido para todos los efectos que le sean favorables, siempre que nazca con las condiciones que expresa el artículo siguiente."

Artigo 30.

"Para los efectos civiles, sólo se reputará nacido el feto que tuviere figura humana y viviere veinticuatro horas enteramente desprendido del seno materno."

Ler máis


Morte psicolóxica

Pode coincidir coa biolóxica ou precedela. Está en relación coa certeza da inminencia da propia morte. Dependendo de diversos factores pode producir máis ou menos sufrimento na persoa morrente. Nalgunha medida, cando se da aceptación do proceso de morrer, pode supoñer un certo alivio aínda que as veces este rexeitamento a seguir vivindo é mal considerado polos  familiares e reprobado pola sociedade.

morte psicolóxica

(Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho)

A morte pisicolóxica  vai acompañada dun retraimento da persoa enferma cara a dentro, é como unha desconexión do mundo exterior.

Outros autores non se refiren tanto a morte psicolóxica como a morte psíquica entendendo esta como a ausencia da conciencia do tempo e do espazo, dando lugar a unha incomunicación total coa conseguinte angustia do seu medio grupal.


Morte social

M. Gómez Sancho definea como a separación do enfermo dos demais. Trátase á persoa como se estivese morta antes de que se produzan os outros tipos de morte. Dáse con asiduidade en quen padece enfermidades vergoñentas como en momentos foi a SIDA.

A persoa pode sentir que perdou o seu significado como suxeito humano para os outros. Na actualidade, ao caer as antiguas  expresións ritualizadas, dase a miúdo unha incapacidade para exprasarse co enfermo/a que mesmo leva a inhibirnos na relación con el ou ela propiciando así a morte social.

morte social

(Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho)

Este concepto pode aplicarse non só a persoas enfermas senón tamén a anciás e suxeitos con alto grado de marxinalidade social.


N

Necrose

Fálase de necrose celular cando a morte da célula produce restos que van dexenerando e danando ao organismo. Non se da o "empaquetado" dos elementos tóxicos resultantes como ocorre na apoptose. É unha morte accidental, non preparada, é coma se estoupara a célula por ruptura da membrana plasmática.


Neurose de anticipación

É un tipo de trastorno relacionado con estados de ansiedade, angustia ou pánico.

A diferenza dun temor normal, o temor neurótico dáse  como reflexo ante un futuro contratempo.

O temor só é útil cando permite unha fuxida física do dano, unha evitación do perigo, pero cando, como no caso da morte, isto non é posible, o temor é máis ben prexudicial.


Noxa letal

Entendese por noxa calquera elemento que afecta á saúde e supervivencia do individuo.

A noxa pode ser de orixe biolóxico (exemplo: virus, bacterias), químico (velenos), físico (radiacións), ambientais (fame) ou social (guerras, violencia, fame).

O organismo pódese repoñer total ou parcialmente do efecto nocivo da noxa. Dise noxa letal cando esta impide toda recuperación e conduce inevitablemente á morte.


O

Orixe dos enterramentos

"Hoy, gracias a los descubrimientos de la Sierra de Atapuerca, la posibilidad del enterramiento se remonta hasta la nueva especie del Homo antecessor "pionero" que se calcula que pobló Europa hace unos 800.000 años. en la sima de los huesos, hace unos 300.000 años se acumularon más de treinta cadáveres. La investigación sobre estos restos e indicios se ha ido desrrollando gracias a la arqueología clásica. sus resultados nos sorprenden cad vez más. Los bienes funerarios suelen abarcar desde galas suntuosas y riquezas inauditas en oro o piedras preciosas, hasta alimentos, dinero, armas, caballos e incluso servidores. .."

Antropología de la muerte. Manuel Fernández del Riesgo. Editorial síntesis. 2007.


P

Permiso para morrer

x

R

Resistencia psicolóxica. "Resiliance"

Acostuma a usarse resiliance como termo técnico para referirse á capacidade de atopar especiais forzas para seguir adiante en situacións traumáticas, especialmente graves. Os suxeitos son quen de  tornar en positivas  circunstancias adversas de modo que continúan realizando proxectos e promovendo a súa saúde mental. Na actualidade a psicoloxía entende esta resistencia psicolóxica, resiliance,  como un axuste saudable á adversidade.

 

Algúns autores falan de “personalidade resistente” para referirse á aquelas persoas que teñen unha personalidade que as fai menos vulnerables ante feitos vitais negativos. Os factores que inciden no desenvolvemento desta personalidade resistente son o compromiso, o control e o reto.

A defensa desta personalidade encaixa ben coas correntes filosóficas existencialistas.


S

Síndrome do fillo de Bilbao

tensións

Denomínase así á situación xerada cando un familiar que estivo ausente durante o proceso de enfermidade chega nos últimos momentos, probablemente con sentimentos de culpabilidade,  mantendo puntos de vista diverxentes sobre como coidar ao paciente de modo que exerce unha forte crítica aos familiares que o coidaban e ao equipo médico.

Esa ausencia non é sempre causada por distancia espacial, poden existir outras razóns obxectivas coma non dispoñibilidade temporal, pero tamén motivos subxectivos como distanciamento afectivo-emocional coa persoa enferma e mesmo unha situación de claudicación persoal anticipada.

A consecuencia disto aparecen fortes tensións que poden afectar negativamente ao paciente e a familia. 


Soporte vital

Refírese as accións clínicas a levar a cabo para manter algún tipo de vida dun ser. Por exemplo: 

  • Asistencia respiratoria mecánica
  • Resucitación cardiopulmonar
  • Medicación vasopresora
  • Hemodiálisis
  • Nutrición
  • Hidratación

Sufrimento

Non pode ser entendido coma sinónimo de dor, aínda que a dor sexa unha das causas de sufrimento.

A dor física non sempre está presente cando hai sufrimento. Máis que a dor, o que fai sufrir é o temor a que este se intensifique ou que se prolongue sen fin e sen posibilidade de control. Entre as diversas causas do sufrimento, a ameaza da perda da integridade da persoa é moi común.

É de destacar a definición de sufrimento dada por Loeser y Melzack: “Unha resposta negativa inducida pola dor e tamén polo medo, a ansiedade, o estrés, a perda de obxectos afectivos e outros estados psicolóxicos”.

Ramón Bayés di que unha persoa sufre cando:

“experimenta ou teme que lle aconteza un dano físico ou psicosocial que valora como ameaza importante para a súa existencia ou integridade psicosocial e/ou orgánica e ao mesmo tempo cre que carece de recursos para facer fronte con éxito a esta ameaza”

O sufrimento é sempre subxectivo en tanto que depende de sensacións que tamén o son, un diagnóstico dunha enfermidade grave pode ser percibido en grado diferente como unha ameaza por persoas distintas.


T

Tanatopraxia

Manual de TanatoprácticaA Tanatopraxia, é o conxunto de técnicas practicadas nun cadaver para conseguir deter, temporal ou definitivamente, o proceso de descomposición. 

Complétase coa tanatoplástica, que ten a finalidade de dar un aspecto vital, unha apariencia natural e tranquila do/a defunto/a.

Parece ser que a de tanatopráctico/a é unha profesión con futuro.

Máis información

Literatura sobre o tema


Telómeros

telómerosSon estructuras que recubren os extremos dos cromosomas, protexendo o material xenético.

Os telómeros se van facendo máis curtos a cada división da célula ata que esta perde a súa capacidade de dividirse alcanzando o estado de senescencia.

Ler máis


Testamento vital

Toma outros nomes, Vontades anticipadas, Instrucións previas, dependendo das diferentes Comunidades autónomas, pero en todas elas existe un Rexistro oficial para estes documentos.

Pode facerse un documento privado e asinarse ante notario ou ante tres testemuñas. Destes, polo menos dous non poden ser familiares directos nin ter relación patrimonial coa persoa asinante. Existen tamén modelos oficiais das Comunidades Autónomas asi como modelos privados de difrentes asociacións que  poden ser modificados a gusto do outorgante. Estas asociacións ofrecen asesoramento e custodia efectiva do testamento vital.

Ademais dos rexistros oficiais, dado que o  acceso aos mesmos desde as distintas institucións médicas é desigual, é conveniente que a familia e íntimos coñeza a existencia do testamento vital e donde encontralo así como facilitar unha copia ao médico de cabeceira.

Asociacións como a AFDMD suxire que se fagan constar expresamente as instrucións que impidan o ensañamento terapéutico que prolonga a vida cando se está en situación terminal e non existen posibilidades razoables de cura. Igualmente que se inste a recibir en esas circunstancias os coidados paliativos que permitan aliviar o sufrimento tanto físico coma psíquico e morrer en paz aínda que podan supoñer un acurtamento da vida como a sedación terminal. Expresar as condicións en que se desexa a eutanasia activa no caso de que para ese entón teña recoñecemento legal.

O testamento vital é sempre revogable e cómpre que as modificacións se fagan ante testemuñas e en tódalas copias.

No tetamento vital pode nomearse un representante que sexa quen de facer cumprir as instrucións outorgadas así como de interpretar os desexos do doente neste aspecto se este non está en condicións de manifestalos.


Tipoloxías da morte

Existen diversas tipoloxías en función do aspecto a dilucidar.

Tipoloxía I

Morte social Morte psicolóxica Morte biolóxica Morte fisiolóxica


Tipoloxía II

Morte persoal Morte cerebral Morte neumocardiaca Morte legal

Traballo de dó

Proceso mediante o cal o suxeito loita contra a reacción depresiva, provocada nel pola perda dun ser querido.



Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS