Mércores, 18 novembro. Vídeo Día internacional contra a violencia de xénero.
Comenzamos a semana de conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero co seguinte vídeo e posterior reflexión sobre o mesmo.
GAÑADORES TRIVIAL BIBLIORIBEIRA
O equipo de Biblioribeira quere agredecervos a vosa participación no noso Trivial co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas e darlle a noraboa ás dúas gañadoras deste ano, Noa T. (1º ESO B) e Ángela G. (1º Bacharelato B), as cales recibirán cadanseu cheque por valor de 15€ para trocar por libros na Libraría Paz do Porriño.
Velaquí as respostas ao noso Trivial:
- Cal é o nome da famosa librería da cidade do Porto que ten sona pola relación que garda con Harry Potter e a súa creadora, JK Rowling? Lello.
- A biblioteca municipal do Porriño forma parte dun edificio que se chama… Centro cultural municipal.
- Recoñecida coma a librería máis antiga do mundo, a Librería Bertrand está na cidade de... Lisboa.
- O edificio do centro da imaxe é parte dunha famosa biblioteca inglesa (a Bodleian Library). En que cidade a podemos atopar? Oxford.
- Que se decide facer con moitos libros de cabalaría no capítulo 6 do Quixote? Queimalos.
- Unha biblioteca é un lugar onde se conservan e se len libros. O lugar onde se gardan xornais e revistas é unha: hemeroteca.
- A biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela está localizada no... Pazo de Fonseca.
- Outra de Harry Potter: As escenas da biblioteca de Hogwarts e do gran comedor foron rodadas en edificios da universidade de que cidade inglesa? Oxford.
- As etiquetas que van pegadas no lombo dos libros da nosa biblioteca conteñen a seguinte información: Nome do/a autor/a, título e tipo de libro (xénero literario, se é de ciencias, historia, arte...).
- Na biblioteca do Palacio de Mafra e na da Universidade de Coimbra habitan uns animais que "colaboran" na conservación dos libros antigos alimentándose doutros animais (insectos, sobre todo) que poden deterioralos. Estes animais son: morcegos.
Samaín. Lectura en vivo.
O pasado martes 27 de outubro tivo lugar na biblioteca do noso centro unha lectura en vivo de contos de terror para celebrar o Samaín. O alumnado do club de lectura de 1º ESO D leu os textos e o equipo da biblioteca organizou a actividade.
GRAZAS a todos/as pola súa participación.
As bolsas viaxeiras da nosa biblioteca xa comezan a moverse!
Este curso o alumnado de 1º ESO poderá desfrutar da nosa particualr versión das "mochilas viaxeiras".
O Equipo Biblioribeira prepara unhas lixeiras bolsas que se adaptan ao gusto e o interese do alumnado, aínda que sempre tentando ampliar horizontes culturais.
Esperamos que vos gusten!
Día das Bibliotecas
O pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. É por iso que o equipo de Biblioribeira queremos compartir un pequeno vídeo para saibades más sobre a nosa biblioteca.
I Certame Deseño Cartel Conmemorativo
Este ano Biblioribeira celebra un certame para conmemorar o Día contra a violencia de xénero.
Os participantes deberán entregar un cartel conmemorativo en vertical que inclúa unha foto ou ilustración e un slogan de máximo 8 verbas. O texto ten que estar en galego.
Os carteis serán enviados ao enderezo electrónico de Biblioribeira (biblioribeira@iesribeiralouro.com.es) antes do 12 de novembro. O equipo de Biblioribeira fará unha preselección e, posteriormente, toda a comunidade educativa poderá votar ao seu favorito a través de Instagram do 16 ao 20 de novembro. A entrega de premios terá lugar durante o recreo o 25 de novembro na biblioteca do centro.
O premio consistirá nun cheque de 10 euros para gastar na cafetaría do centro e o cartel gañador usarase o ano que ven como imaxe do IES Ribeira do Louro co gallo desta conmemoración. Ademais, elaborarase unha montaxe audiovisual con todas as imaxes recibidas que será proxectada o 25 de novembro en todas as aulas do centro ás 10:15h e que será compartida cos centros de primaria adscritos.
Animádevos a participar!
Trivial Biblioribeira
Co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas, o equipo de Biblioribeira invítavos a demostrar os vosos coñecementos sobre as mesmas. Participa no noso concurso ata o 6 de novembro e poderás gañar un cheque regalo de 15€ para trocar por libros na Libraría Paz do Porriño.
Para participar preme na seguinte ligazón: Trivial Biblioribeira.
Recomendacións
Dende o equipo de Biblioribeira queremos propoñer algunhas películas e libros relacionados coa situación que estamos a vivir. Os seguintes libros e películas versan sobre pandemias, virus, confinamentos e outras apocalipses:
Libros:
- La peste, de Albert Camus
- Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago
- La peste escarlata, de Jack London
- Apocalipsis, de Stephen King
- Los novios, de Alessandro Manzoni
- Diario del año de la peste, de Daniel Defoe
- Os nenos da varíola, de María Solar
- Apocalipse Z, o principio da fin, de Manel Loureiro
- Pandemia, de Slavoj Zizek (ensaio)
- Mecanoscrito da segunda orixe, de Manuel de Pedrolo
Películas:
- Contagio
- 12 monos
- La carretera (sobre a novela de Cormac McCarthy)
- Soy leyenda (sobre a novela de Richard Matheson)
- La habitación (sobre a novela de Emma Donoghue)
- Hijos de los hombres (sobre a novela de P. D. James)
- La amenaza de Andrómeda (sobre a novela de Michael Crichton)
- El colapso (serie)
Normas de funcionamento da biblioteca para o curso 2020-2021
Dende Biblioribeira queremos darvos a benvida a este novo curso e informarvos das medidas de seguridade que debemos adoptar.
- Tamén na biblioteca hai que respectar en todo momento a distancia mínima de seguridade (1,5 m.) e respectar o aforo máximo permitido (15 persoas).
- O usuario debe desinfectar as mans con xel hidroalcólico ao entrar na biblioteca.
- Hai que respectar os postos de lectura sinalizados. Non se pode cambiar de sitio as cadeiras.
- Despois de cada sesión, o usuario ten que desinfectar o espazo de lectura empregado na biblioteca, incluindo a superficie da mesa e o asento e o respaldo da cadeira.
- Non se poden manipular os libros. O libro que se queira consultar hai que pedirllo ao encargado/a da biblioteca.
- O servizo de préstamo farase exclusivamente de xeito individual. Só pode haber unha persoa usuaria de cada vez na mesa de xestión.
- Se alguén quere facer uso do servizo de préstamo e xa hai alguén na mesa de xestión, ten que esperar no corredor fóra da biblioteca.
- No caso de haber moita xente esperando, pódese deixar por escrito a petición de libro de préstamo na caixa de correo á entrada da biblioteca e un encargado da biblioteca levará o libro á aula.
Moito ánimo e bo comezo de curso!
Novidades e recomendacións de lectura
Dende Biblioribeira presentámosvos as recomendacións e novidades que xa temos a vosa disposición para o verán 2020.
Accede ao seguinte documento para ler unha breve sinopse de cada título e achégate a túa biblioteca para desfrutar do servizo de préstamo durante o verán.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
NOVIDADES_20.pdf | 461.91 KB |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »