Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Start: 19/03/2024 06:48
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de publicar a convocatoria de bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no curso 2024_2025 (enlace ao extracto da Resolución publicada no BOE). Estas bolsas van dirixidas a alumnado que se matricule en Bacharelato, Formación Profesional (Grao Básico, Grao Medio, Grao Superior), ou en estudos universitarios, entre outros. O prazo de solicitude esténdese dende o día 19 de marzo de 2024 ás 09:00, hora peninsular, ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00, hora peninsular, ámbolos dous inclusive. A solicitude debe facerse obrigatoriamente de xeito telemático, entrando na sede electrónica do Ministerio. É importante que presentedes a vosa solicitude en prazo, aínda que non saibades que estudos ides cursar no vindeiro ano académico 2024_2025. De non facelo, quedaredes sen posibilidade de acceder á bolsa de estudos. Podedes acceder a toda a información no portal de Bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
|