O centro
Familias
Iniciar sesión
CALENDARIO EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º BACH.
admin — Mér, 2024-06-12 14:26
Os exames da convocatoria extraordinaria de 1º bacharelato serán o 19, 20 e 21 de xuño.
Aberto o prazo do Fondo solidario de libros de texto
admin — Lun, 2024-05-20 16:44
Estimadas familias,
Dende mañá día 21 de maio ata o vindeiro 21 de xuño permanecerá aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar. Para máis información ir a: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED330B
Calendario da convocatoria extraordinaria
admin — Xov, 2024-05-16 22:37
Xa tedes dispoñible o calendario de exámenes para a convocatoria extraordinaria de 2º Bacharelato. Ánimo, un último empurrón.
Matrícula para o curso 2024-2025
admin — Lun, 2024-05-13 11:51
Xa estamos a preparar o vindeiro curso 2024-2025.
A documentación que hai que entregar no noso centro é a seguinte:
DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA A MATRÍCULA NO IES DE MOS
Para todo o alumnado:
1.- Sentenza ou convenio regulador, no caso de separación ou divorcio.
2.- Informe médico (no caso de que a/o alumna/o se atope nalgunha situación que deba ser comunicada ao centro: enfermidades crónicas ou situación de sittuación médica análoga.
3.- Documento da recollida de datos (para todo o alumnado novo ou para aquelas familias que detecten algún cambio nos datos dos que xa dispomos)
Para alumnado de nova incorporación procedente de Centros Adscritos:
1.- Impreso de matrícula
2.- Impreso do transporte escolar (se o precisan).
3.- Unha fotografía actualizada tamaño carnet (co nome, apelidos e cuso para o que vai no dorso).
4.- Fotocopia do DNI da/o alumna/o.
5.- Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o alumna/o.
6.- Fotocopia do DNI da nai, pai, titora/titor legal da alumna/o.
7.- Impreso de autorización para o uso de imaxes polo centro educativo (Voluntario)
8.- SÓ PARA O ALUMNADO DE 3º ESO, 4º ESO, 1º BACHARELATO, 2º BACHARELATO:
Xustificante de pago do seguro escolar. Deben pagar 1.12 euros en ABANCA, no número de conta: ES94 2080 5092 0330 4002 6078 a favor do IES de Mos e co nome e apelidos do alumno/a.
9.- Impreso da ANPA cuberto co xustificante de pago (Voluntario).
Para alumnado de nova incorporación procedente de Centros NON Adscritos:
1.- Un certificado de estudos.
2.- Un certificaco ou volante de empadroamento.
Para o alumnado que xa está no centro:
1.- Impreso de matrícula (somentes se cambian as súas optativas con respecto ao documento xa entregado).
2.- Impreso de transporte escolar.
3.- Unha fotografía actualizada tamaño carnet (co nome, apelidos e cuso para o que vai no dorso).
4.- SÓ PARA O ALUMNADO DE 3º ESO, 4º ESO, 1º BACHARELATO, 2º BACHARELATO:
Xustificante de pago do seguro escolar. Deben pagar 1.12 euros en ABANCA, no número de conta: ES94 2080 5092 0330 4002 6078 a favor do IES de Mos e co nome e apelidos do alumno/a.
5.- Impreso de autorización para o uso de imaxes polo centro educativo (Voluntario)
6.- Impreso da ANPA cuberto co xustificante de pago (Voluntario).
As datas para forrmalizar a matrícula son:
Nivel educativo para o que se vai matricular |
Datas |
2º Bacharelato |
24 e 25 xuño |
1º Bacharelato |
25 e 26 xuño |
4º ESO |
26 e 27 xuño |
3º ESO |
27 e 28 xuño |
2º ESO |
3 e 4 xullo |
1º ESO |
4 e 5 xullo |
FP básica |
25 de xuño |
AVISOS:
- Toda esta documentación está dispoñible nesta web no apartado Admisión e matrícula
- Se non hai cambios na selección de materias con respecto á prematrícula: NON entregar a folla da matrícula.
- O horario de atención ao público será de 09:00 ás 14:00
Admisión curso 24-25
admin — Xov, 2024-04-25 09:49
Proceso de admisión do curso 2024-2025:
Dende hoxe están publicadas as listaxes dos admitidos e non admitidos neste proceso no interior da entrada do noso centro.
Hai un prazo de reclamacións de 5 días hábiles.
Un saúdo.
Deixando o listón ben alto!
admin — Lun, 2024-04-22 23:19
Na edición de FORMAMOS 2024, o IES de Mos participou cun stand onde o alumnado de FP Básica explicou aos asistentes como é a nosa oferta educativa e a vida no noso centro. Ademais, fixemos dúas actividades distintas para que a xente coñeza como traballamos no centro.
-
Por un lado, a rapazada de 2º ESO A (Fabiola, Sabela, Xoel, Alberto, Xiana, Kevin e Nuria), fixeron dúas entrevistas de radio á mulleres políticas da nosa contorna. Nidia Arévalo e Sara Samartín falaron sobre aspectos tan interesantes como o seu compromiso político ou o día a día dunha muller política nun concello como Mos. Non deixedes de escoitar estas interesantísimas entrevistas a Nidia e a Sara!
Por outro, as alumnas de 1º BACH (Ariadna, Uxía, Raquel, Icía e Noelia) fixeron en directo prácticas de disección, amosando algunha das tarefas feitas na materia de Anatomía Aplicada.
-
-
Moitas grazas á rapazada polo seu traballo, e a Nidia e Sara polo seu entusiasmo e gañas de colaborar.
-
Visita dende Francia
admin — Dom, 2024-03-10 18:43
Durante a semana do 29 de xaneiro, en concreto dende o día 30 ata o día 2, no IES DE MOS visitáronnos nove estudantes e dúas profesoras franceses. O obxectivo da actividade era traballar a inclusión dende distintos eixes e tamén fomentar lazos de unión entre o noso alumnado e os nosos compañeiros do proxecto Erasmus "Educando a nuestro futuro". Ao longo de toda a estadía, o noso grupo Erasmus (conformada case por 30 alumnos e alumnas) xunto con este grupo de estudantes estiveron a realizar distintas dinámicas para dar a coñecer o noso centro así como os distintos grupos internos de traballo como igualdade e sostibilidade.
Se queredes ver máis, visitade o noso blog.
Se queres saber máis, visita o noso blog.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »