O centro
Familias
Iniciar sesión
Concurso: Facéndoche as beiras
Anónimo — Mar, 2021-02-09 12:26
Bases do
I CONCURSO DE MENSAXES DE AMOR
FACÉNDOCHE AS BEIRAS
- O concurso está organizado polo EDLG e a Biblioteca do IES de Mos
- As mensaxes poden estar acompañadas dunha imaxe. Deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais e inéditas.
- O concurso está aberto a todo o alumnado do IES de Mos.
- A extensión das mensaxes será de 50 palabras como máximo.
- A temática estará centrada no amor.
- Haberá tres categorías:
- 1º Ciclo: 1º e 2º da ESO
- 2º Ciclo: 3º e 4º da ESO
- Bacharelato: 1º e 2º Bacharelato
7. Premios:
- 1º Ciclo: vale de de 30 € na librería Arte e Ciencia
- 2º Ciclo: vale de de 30 € na librería Arte e Ciencia
- Bacharelato: vale de de 30 € na librería Arte e Ciencia
8. As mensaxes presentaranse ou ben, etiquetándoas na conta de Instagram do EDLG @edlg_mos co #facendocheasbeiras, ou a través do correo electrónico edl.iesdemos@gmail.com.No caso de empregar o correo electrónico, a mensaxe e a imaxe deberán ser entregadas nun ficheiro adxunto en forma de PDF.
9. O prazo de presentación das mensaxes comezará unha vez publicadas estas bases e rematará o 28 de febreiro do 2021.
10. O xurado estará formado polos membros do EDLG e a Biblioteca do IES de Mos e teranse en conta os "gústame" que teña a publicación no Instagram.
11. O xurado resérvase o dereito a desestimar toda aquela mensaxe que, baixo o seu xuízo, vulnere o respecto á dignidade da persoa, sexa discriminatorio, xenófobo, racista, pornográfico, ou que atente contra a xuventude e infancia.
12. A participación neste concurso leva implícita a aceptación destas bases e o veredicto do xurado.
Organizan: EDLG do IES de Mos
Biblioteca IES de Mos