Opcións de matriculación

Esta actividade de formación, principiou ao comezo do presente ano escolar 2019/20, no marco formativo ofrecido polo CEFORE de Vigo. Daquela, contextualizámolo no noso centro: o IES de Mos. Con certa tradición na revisión da conflitoloxía, abordámola de novo, centrándonos nos seguintes eixos:

  1. A celebración dunha Escola de Nais/Pais, no 1º trimestre, de 2 horas de duración, na que tamén tomaron parte as/os dez docentes integrantes, e mái-lo coordinador/formador. De seguido procederé á relación de membros, non sen antes reflicti-la positiva actitude de todos/as el@s, até consideralos/as coautores/as de moitas das dinámicas implementadas, especialmente ao versionar ao seu xeito, o modelo proposto.
  2. Sesión de formación doutras 2 horas, co total dos 10 docentes, a cargo de Juan José Álvarez Castro. Nela desenvolvimos un modelo concreto de formación de mediador@s escolares, centrado nunha escolla de 20 alumnos/as (10 e 10), cunha metodoloxía lúdico-formativa, dividida -aproximadamente- en 5 ou 6 tempos, ao longo de 3 xornadas consecutivas.
  3. Sesión de prevención de MICROmachismos nas aulas, e da violencia de xénero, que nos afecta a todos/as e, infelizmente, a súa solución non pertence a ninguén. Como grave lacra e problema de toda a sociedade, demandará visións e accións COLECTIVAS de cooperación programada. Así e todo, esta sesión xorde dunha humilde aspiración: partir dunhas breves mensaxes audiovisuais, que sensibilicen á meirande mostra de adolescentes cos/coas que tratamos. Pequenos vídeos na canle: ollo-corazón-cerebro; ou sexa, partir da percepción da alerta ou do drama; non conxearse nela, nin conformarse coa necesaria conmoción; dar chegado á toma de conciencia, armándoos con ideas e argumentos que venzan á violencia sobre as mulleres. 
  4. Sesión sobre conflitos, froito do delicado manexo do TDAH nas aulas.
  5. Sesión sobre conflitos que derivan en tentativas autolíticas: dotarlles de habelencias de autoprotección, ao abeiro do protocolo oficial da Consellaría de Educación. Estratexias preventivas.
  6. Sesión sobre conflitos, coa feitura de desaxustes psicolóxicos "cotiás", produto do COVID-19 e do confinamento.
  7. Sesión de conflitos adolescentes, asociados ao consumo de alcool e de substancias psicoactivas.

Relación de integrantes do grupo de traballo: Ramón Souto Caride/ Paulo Jablonski García/ Mª Azucena Matilde González/ Mª Teresa Freijido Román/ Soraya Cortiñas Ansoar/ Ana Rodríguez Pérez/ Tania gómez Rodríguez/ Begoña Pérez Vila/ Ruth Montes Rodríguez/ Esther González Rodríguez.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.