Este documento contén:

  • Breve organigrama do sistema educativo tra-lo BAC.
  • Táboas das ponderacións das materias para as ABAU.
  • Descrición simultánea dalgúns graos universitarios próximos ao BAC. de Ciencias, emparellados con CS de FP que partillan "zona vocacional".
  • Información sobre: bolsas e axudas ao estudo, enderezos de interese, e recomendacións para acougar.

Contén algunhas das saídas tra-lo título de BACHARELATO DE ARTES.

Pártese dun índice con organigrama do sistema educativo.

Avanzamos nos CS das FP "ordinarias", para despois entrar nos CS propiamente artísticos, que se imparten exclusivamente nas Escolas Superiores de Artes e Deseño (EASD).

Deseguido: ponderacións das materias do Bacharelato de Artes na ABAU.

Para rematar: roteiro a seguir na solicitude de bolsas e axudas ao estudo, e-mails e webs de interese, y recomendacións para controla-lo desacougo e bloqueos nos exames.

Escolma que recolle algunhas das posibeis escollas, logo de titular no BAC de Artes.

No comezo figuran CS da FP ordinaria, nos que teñen preferencia estudantes que titulen no BAC de Artes.

Deseguido, desenvólvense CS de 2 anos, exclusivamente impartidos nas EASD (Escolas de Artes Superiores e Deseño: "Antonio Failde", "Mestre Mateo", "Pablo Picasso", e "Ramón Falcón").  Asemade, explícase que tamén nestes centros pódense cursar Estudos Superiores de Deseño, de 4 anos, que equivalen a graos universitarios a tódo-los efectos.

Nas seguintes entregas, desenvolveranse graos universitarios vencellados ao bacharelato de artes (Grao en Belas Artes, Grao en Comunicación Audiovisual...)

Esta actividade de formación, principiou ao comezo do presente ano escolar 2019/20, no marco formativo ofrecido polo CEFORE de Vigo. Daquela, contextualizámolo no noso centro: o IES de Mos. Con certa tradición na revisión da conflitoloxía, abordámola de novo, centrándonos nos seguintes eixos:

  1. A celebración dunha Escola de Nais/Pais, no 1º trimestre, de 2 horas de duración, na que tamén tomaron parte as/os dez docentes integrantes, e mái-lo coordinador/formador. De seguido procederé á relación de membros, non sen antes reflicti-la positiva actitude de todos/as el@s, até consideralos/as coautores/as de moitas das dinámicas implementadas, especialmente ao versionar ao seu xeito, o modelo proposto.
  2. Sesión de formación doutras 2 horas, co total dos 10 docentes, a cargo de Juan José Álvarez Castro. Nela desenvolvimos un modelo concreto de formación de mediador@s escolares, centrado nunha escolla de 20 alumnos/as (10 e 10), cunha metodoloxía lúdico-formativa, dividida -aproximadamente- en 5 ou 6 tempos, ao longo de 3 xornadas consecutivas.
  3. Sesión de prevención de MICROmachismos nas aulas, e da violencia de xénero, que nos afecta a todos/as e, infelizmente, a súa solución non pertence a ninguén. Como grave lacra e problema de toda a sociedade, demandará visións e accións COLECTIVAS de cooperación programada. Así e todo, esta sesión xorde dunha humilde aspiración: partir dunhas breves mensaxes audiovisuais, que sensibilicen á meirande mostra de adolescentes cos/coas que tratamos. Pequenos vídeos na canle: ollo-corazón-cerebro; ou sexa, partir da percepción da alerta ou do drama; non conxearse nela, nin conformarse coa necesaria conmoción; dar chegado á toma de conciencia, armándoos con ideas e argumentos que venzan á violencia sobre as mulleres. 
  4. Sesión sobre conflitos, froito do delicado manexo do TDAH nas aulas.
  5. Sesión sobre conflitos que derivan en tentativas autolíticas: dotarlles de habelencias de autoprotección, ao abeiro do protocolo oficial da Consellaría de Educación. Estratexias preventivas.
  6. Sesión sobre conflitos, coa feitura de desaxustes psicolóxicos "cotiás", produto do COVID-19 e do confinamento.
  7. Sesión de conflitos adolescentes, asociados ao consumo de alcool e de substancias psicoactivas.

Relación de integrantes do grupo de traballo: Ramón Souto Caride/ Paulo Jablonski García/ Mª Azucena Matilde González/ Mª Teresa Freijido Román/ Soraya Cortiñas Ansoar/ Ana Rodríguez Pérez/ Tania gómez Rodríguez/ Begoña Pérez Vila/ Ruth Montes Rodríguez/ Esther González Rodríguez.

Actividade baseada en verbas, ideas e imaxes que nos posicionen en estratexias e programas para favore-lo manexo do TDAH na aula, e na vida.

Tentarase un estilo eminentemente visual: da percepción á cognición, sen para descoida-lo afecto

Áspectos imprescindibles a ter en conta á hora de prepararse para acceder á universidade.