Animación á lectura

A hora de ler

No IES  Mestre  Landín  non  queremos  descoidar  a  habilidade da lectura  e polo tanto, e por segundo ano, o  equipo de dinamización da Biblioteca pon en marcha de novo o  proxecto A HORA DE LER, segundo o seguinte calendario.

.............

A BIBLIO abre as súas portas

 

Préstamos a partir do luns 7 de outubro.


A hora de ler. 3º trimestre

Lectura   (3º trimestre)

·  

Todos os martes e xoves.

·  

Durante os primeiros 20 minutos da clase.

·  

Cada semana a hora cambia segundo o calendario.

A hora de ler. 2º trimestre

Ver calendario                             Ver fotos

A hora de ler

Non é un segredo para ninguén que a cultura da lectura atópase un pouco en desuso; por iso, é común oír como nos queixamos porque os estudantes non len ou len mal.

É un feito: a lectura, aínda hoxe na época tecnolóxica, é unha habilidade necesaria e importante de practicar. O mundo, a pesar de cambiar tanto nos últimos anos, aínda necesita da lectura, quizá máis que antes, pois para manexar moitos dos medios tecnolóxicos e dixitais é imprescindible saber  ler,   comprender  o  que  se  le  e  interpretalo. Por iso, e como no IES  Mestre  Landín  non  queremos  descoidar  esta  habilidade,  o  equipo de dinamización da Biblioteca puxo en marcha esta semana un apaixonante  proxecto:  A HORA DE LER.

Normas para a hora de ler

·   Todos estamos invitados a este  tempo de lectura, alumnado e profesorado.

·   É un momento de lectura individual e en silencio.

·   Non é tempo de estudo nin de tarefas de aula.

Calendario de lectura

·  Todos os martes e venres (1º trimestre).

·  Durante os primeiros 20 minutos da clase.

·  Cada semana a hora cambia segundo o calendario adxunto.

 

ENTRA

Déixate guiar polo CATAVENTOS da biblioteca:

                

Distribuir contido