Novas de interese
Videochamada portas abertas
Enviado por aginzo o Mar, 12/01/2021 - 05:36O instituto IES Mestre Landín convoca ás familias interesadas de 6 de primaria a unha presentación telemática o vindeiro xoves día 21 de xanerio ás 19:30h. A conexións realizarase accedendo a través do enlace que se achegará por parte dos colexios e empregando a plataforma Webex. Nesta reunión explicarán o proceso de admisión é reserva e as características do centro e da etapa. Se non recibiu o enlace pode contactar co centro para solicitalo.
Dado a situación de pandemia as visitas presenciais quedan reducidas a situacións excepcionais que requiran resolver dubidas particulares. Neste caso poden contactar directamente co centro IES MestreLandin no 886151315.
Circular 23: dia non lectivo
Enviado por heber o Xov, 17/12/2020 - 06:02Bo día
Recibimos a aporbación por parte da inspección educativa da concesión de día non lectivo de centro o 18/05/2021. Un saúdo
Circular 22. Publicación de cualificacións
Enviado por heber o Mér, 16/12/2020 - 05:48Bo día
O vindeiro martes día 22 publicaranse as cualificacións do alumnado no Abalar Móbil non sendo entregadas en papel a menos que o solicite a familia. Igualmente no caso de querer recibir un informe individualizado as familias o poderán solicitar a través do Espazo Abalar.
O periodo vacacional comprende dende o 23/12 ao 7/01 ambos inclusive.
Un saúdo
Circular 21
Enviado por heber o Mér, 09/12/2020 - 08:42Bo día
Co fin de coordinar unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, o Concello de Marín achegounos o cartel da campaña de solidariedade para a recollida de alimentos non perecederos, de produtos de Nadal e de produtos de hixiene e limpeza.
A campaña consistirá en que durante a semana do 14 ao 18 de decembro, o alumnado poida aportar algún produto, e o día 18 ou 2. O Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as 6 ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA, AMENAC e SOS). Saúdos
Circular 20: Videoconferencia sobre a educación a distancia
Enviado por heber o Xov, 19/11/2020 - 02:26A EDUCACIÓN A DISTANCIA
IES MESTRE LANDÍN, 23 NOV 2020, 19h30
O luns 23 de novembro ás 19:30 h terá lugar a videoconferencia "A educación a distancia" a cargo de Sérgio A. Nunes Garcia, dentro da escola de familias organizada polo CFR de Pontevedra e o IES Mestre Landín, o acceso á mesma realizarase a través da seguinte ligazón:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m1af30b2448944ef552792...
Guión da xuntanza
Abalar. Funcionalidades básicas.
Webex. Conexión. Forma de entrada (nome, correo-e). Normas básicas de funcionamento e comportamento. Uso de Chrome.
Situación en confinamento. Normas, horarios espello, obrigas do alumnado. Crear horarios con alertas.
Aula Virtual / Edixgal. Funcionamento básico, entrada nun curso. Emprego da app de Moodle. Entrega de tarefas (pdf). Outras funcionalidades (calendario, foros, mensaxería).
Protección de datos: imaxe e datos de alumnado.
Tempo aberto a dúbidas.
Instrucións de acceso:
Lembren usar un navegador Chrome.
Nas familias cuxos fillos e fillas estean en E-Dixgal recoméndase que empreguen o computador subministrado polo centro educativo para familiarizarse con el.
As cámaras e micrófonos deberán estar desconectados, se ben preparados para conectalos en caso de precisalo.
Usaremos o chat común para calquera dúbida ou pregunta.
No caso de acceder con dispositivo móbil (tablet ou teléfono) deben descargar a aplicación Cisco Webex Meetings e acceder desde ela á ligazón.
Lembren pór un nome e un correo electrónico (calquera por exemplo a@aaa.com). Se non introducen un nome e un correo non poderán acceder á reunión. Para practicar e sabermos que familias se conectan, poden usar o nome do seu fillo/a e curso (ex. Miguel Solla 3B).
A xuntanza será gravada para un posterior acceso á mesma.
Info da reunión Webex:
A educación a distancia - IES Mestre Landín
Organizado por SÉRGIO ALEXANDRE NUNES GARCÍA
https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m1af30b2448944ef552792...
Luns, 23 Nov, 2020 19:30 | 1 hora 40 minutos | (UTC+01:00) Bruxelas, Copenhague, Madri, Paris
Número da reunión: 121 352 8602
Seña: Distancia
Entrar por sistema de vídeo
Dial 1213528602@eduxunta.webex.com
Vostede também pode marcar 62.109.219.4 e inserir o seu número de reunión.
Entrar por teléfono
+34-91215-8236 Spain Toll
Código de acceso: 121 352 8602
Circular 19: Máscaras para o alumnado
Enviado por heber o Lun, 16/11/2020 - 08:22Bo día
Saiu publicada a orde para o reparto de máscaras ao alumnado. O prazo para presentar solicitudes vai do 16 ao 27 de novembro de 2020, é importante consultar antes se é un posible beneficiario e se ten a obriga de presentar solicitude.
.Ponde consultar o resume da orde neste enlace
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/INSTRUC...
Nas instrucións recibidas indícase tamén que no ámbito da comunidade educativa as máscaras que se utilizarán serán as mesmas que no ámbito comunitario. Estas serán as máscaras hixiénicas que cumpran a norma UNE 0065 ou as máscaras cirúrxicas. A utilización de máscaras con válvulas exhalatorias están prohibidas en Galicia no DOG no 126, por Resolución do 25 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
Un saúdo
Circular de centro 18: Horarios espello
Enviado por heber o Mar, 10/11/2020 - 09:18Bo día
Achegamos o enlace ao horario espello do alumnado en caso de illamento. O alumnado deberá conectarse a esas horas a través de webex (servizo de videochamada) empregando os enlaces que o profesorado publicará na súa aula virtual da súa materia.
O vindeiro luns día 16 realizaremos un simulacro de conexión a través da aula virtual e do webex en horario de 17 a 17:30. PrOximamente remitiremos máis información.
Un saúdo
Circular centro 17: Novas respecto o protocolo COVID 11-04
Enviado por heber o Sáb, 07/11/2020 - 14:10Bos día:
Trasladamos as seguintes novidades respecto a a actualización de protocolo de adaptación COVID dá Consellería de Educación e que poden consultar na súa web:
https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme ou resultado, pero non será necesario que garden corentena non domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo.
As persoas que teñan diagnóstico confirmado terán obriga de illamento durante 10 días. As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico confirmado deberán entrar en corentena, estando illados nos seus domicilios e suspenderán, mentres dure esta, a asistencia ao centro por un período de 10 días, e sempre de acordo coas indicacións dás autoridades sanitarias.
Circular centro 16: Manuais para as familias
Enviado por heber o Sáb, 07/11/2020 - 13:34Bo día
Xunto coa proposta de formación que vos trasladaron o/as titores achegamos este enlace onde podemos consultar videotitoriais explicativos das ferramentas que empregamos para a nosa docencia virtual e comunicación .
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/view.....
Un saúdo
Circular centro 16: Elminación das contas iesml.es
Enviado por heber o Xov, 29/10/2020 - 08:02Bo día
Recordamos que a partir do día 1 de novembro procederemos a suspender e posteriomente eliminar as contas de iesml.es de alumnado e docentes. Por este motivo se queredes descargar e gardar información que teñades nas vosas contas e nas apliacións asociadas á mesma (drive, youtube, etc) é preciso realizalo antes desa data.
Circular centro 15: Adiamento das eleccións ao consello escolar
Enviado por heber o Mér, 28/10/2020 - 07:21Bo día
Publicouse a Resolución do 22 de outubro de 2020, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32201
Circular centro 14 Actualizada: Detección de síntomas e illamento
Enviado por heber o Ven, 23/10/2020 - 06:38Bo día.
Recordamos a importancia de revisar diariamente os síntomas compatibles co COVID-19, poden consultalos na axenda do alumando. En caso de sintomatoloxía, debemos permanecer no domicilio, contactar co noso médico e informar ao centro educativo. No caso de que o especialista indique o illamento dun membro da unidade familiar os irmáns permanecerán no domicilio ata que a proba PCR saia negativa ou o indique o facultativo. Durante este período o alumnado debe seguir traballando empregando a aula virtual, se se atopa en condicións. Un saúdo
Circular centro 13: Aprobación dia non lectivo de centro
Enviado por heber o Ven, 23/10/2020 - 06:12Bo día
Recibimos a confirmación por parte da Xefatura Territorial para establecer como día non lectivo o vindeiro 2 de novembro de 2020. Queda pendente recibir a confirmación para o día 18 de maio de 2021. Poden consultar o calendario na web do centro. Un saúdo
Circular centro 12: Anuncio eleccións consello escolar.
Enviado por heber o Lun, 19/10/2020 - 13:56Bo día
Poden consultar neste enlace da web do centro a publicación da apertura do proceso de eleccións á renovación parcial do consello escolar. Enlace:
Circular Centro 10: Publicación de documentos organizativos
Enviado por heber o Lun, 19/10/2020 - 02:26Bo día
Poden consultar na web do centro as actualizacións dos diferentes documentos organizativos: PXA, PAS, CC, Plan Continxencia, PAL http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=taxonomy/term/249
Un saúdo
Novas de transporte
Enviado por heber o Ven, 18/09/2020 - 07:28Bo día. Dende o servizo de mobilidade nos confirman que todos os solicitantes de transporte terán praza. Aqueles usuarios non lexítimos (fora da zona de escolarización ou menos de 2km) deberán empregar a tarxeta Xente Nova cargada. O custe do servizo será de 1,35€ coa tarxeta e cada 15 días poden recargar a tarxeta nun caixeiro de ABANCA para recibir o reintegro dado que son prazas subencionadas. Neste enlace poden ver o folleto informativo. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Xente%20NOva.pdf
Confirmación de inicio de curso
Enviado por heber o Ven, 18/09/2020 - 07:11Bo día. O profesorado e a ANPA do IES Mestre Landín seguimos colaborando para organizar o inicio do curso coa máxima seguridade posible. O alumnado estará sempre sentado a 1,5 m unha vez recibida a confirmación dos desdobramentos precisos e o acondicionamento das aulas. As materias de libre configuración serán empregadas como reforzo de matemáticas en 1º e 2º da ESO para evitar os agrupamentos de alumnado de diferentes grupos. As solicitudes de participación nas seccións bilingües tamén veranse afectadas polo mesmo motivo.
Comezaremos o día 23 con 1º e 2º da ESO, 24 para 3º e 25 para 4º, aplicando o plan de acollida que reforzará as medidas de hixiene e as normas de organización no centro. En especial reforzarase a necesidade de manter as distancias de 1,5 m, a hixiene de mans, uso correcto da máscara. Explicarase o emprego da aula virtual da consellería que será a ferramenta de traballo principal en caso de docencia telemática.
O primeiro día o alumnado levará a casa a declacración responsable que devolverá asinada en conserxería antes do día 29 de setembro.A partir do luns 21 as persoas titoras poñenarnse en contacto telefónico cos responsables do alumnado para confirmar o grupo, transporte, optativas e recoller as dúbidas que poidades ter. Podedes consultar neste enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus a guía de volta segura que axuda a repasar as principais novidades.
A Xefatura de Pontevedra e a empresa de transporte están recollendo as nosas peticións para poder atender as demandas de transporte a través do programa de Tarxeta Xove do alumnado non lexítimo. Esperamos ter confirmación antes do inicio de curso.
Agradecemos a vosa comprensión e colaboración neste esforzo conxunto para a adaptación neste curso 20/21 que de seguro nos traerá novas e positivas aprendizaxes.
Fondo libros
Enviado por heber o Lun, 14/09/2020 - 05:29Bo día. O alumnado que formalizou a matrícula en setembro pode consultar na secretaría do centro a listaxe definitiva das axudas.
Anuncio novidades COVID-19.
Enviado por heber o Ven, 11/09/2020 - 07:32IMPORTANTE:
Un novo curso dá comezo e, desde o Instituto Mestre Landín, queremos darvos a benvida. Recibimos a confirmación que este ano o curso comezará o día 23 para 1º ESO é 2 ESO, 24 para 3º ESO e 25 para 4º da ESO. Próximamente nos poñeremos en contacto coas familias para informar do grupo no que está asignado ben por teléfono ou ABALAR móbil polo que é importante ter actualizada a aplicación. Achegamos o enlace ao resumo das novidades no funcionamento do centro respecto ao COVID-19.
Accede dende aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=node/879
Calendario de exames de setembro
Enviado por heber o Mar, 14/07/2020 - 07:091-2 Setembro probas extraordinarias presenciais
4 Setembro Publicación das cualificacións da proba extraordinaria no ABALAR móbil.
4 Setembro ao 10 formalización da matrícula.
7 e 9 de Setembro periodo de reclamacións.
Fondo solidario e libros de texto e axudas para adquirir de texto e materia escolar.
Enviado por heber o Ven, 10/07/2020 - 05:38Poden consultar no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional dos "Vales de material escolar 20/21" do alumnado 1º a 4 ESO. Publicadas tamén a listaxe de libros de texto concedidos do alumnado de 3º e 4º ESO.
Entrega de equipamento E-DIXGAL
Enviado por heber o Ven, 12/06/2020 - 05:36Bo día. Achegamos a notificación por parte da consellería coas instrucións para a devolución dos ordenadores do alumnado de 2º ESO (ou 1º ESO que non continúe no centro).
Importante: é preciso que acuda o responsable para asinar a entrega no documento.
Agradecemos que devolvades o ordenador, cargador e maletín (os lápis xa están no centro) nos seguintes horarios:
2ºESO A: 23 de xuño de 10 a 12
2ºESO B: 25 de xuño de 10 a 12
2ºESO C: 26 de xuño de 10 a 12.
Se teñen algunha dúbida poden contactar telefónicamente co centro.
Un saúdo
Fondo libros
Enviado por heber o Mér, 20/05/2020 - 05:08CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
Prazo de solicitude: Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020
Solicitude:
- Fondo solidario libros
- Axudas adquirir libros
- Axudas adquirir material
Forma de presentación:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identicación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
- Anexo I (Solicitude)
- Anexo II ( comprobación de datos dos membros da unidade familiar)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademáis a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Renda:
- A renda per cápita da unidade familiar e a suma dos recadros 435 e 460 da renda do ano 2018.
Prazos establecidos polo centro:
Devolución de libros: Do 19 ao 23 de xuño.
Publicación listas provisionales: 24 de xuño
Reclamacións: 2 días hábiles seguintes 25-26 de xuño
Resultado reclamacións: 29 de xuño
ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Enviado por susiarizaga o Xov, 14/05/2020 - 05:28Xa están publicadas as modificacións das programacións didácticas de todas as materias (pendentes de revisión pola inspección). Especifícanse os cambios na avaliación e na metodoloxía debido á pandemia do COVID-19. Pódense consultar dende aquí:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=taxonomy/term/263
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
