Esta materia ofertada no segundo curso da ESO pretende contribuír a unha aprendizaxe de competencias e habilidades relacionadas coa arte de falar en público (cf. a definición máis ampla como ars bene dicendi): a creación de discursos e exposición dos mesmos no ámbito público, a participación no diálogo e no debate nos que confrontar as propias opinións coas dos demais nun marco democrático de comunicación e convivencia.


Actividades para grego  II

Investigación e tratamento da información no 1º curso da ESO.


Materiais de Latín segundo niveis (ESO e Bacharelato) e tarefas separadas entre os diversos grupos.