Skip to Content

PROBAS DE ACREDITACIÓN LINGÜÍSTICA 2022-2023

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL), segundo corresponda.

Poderá participar alumnado que curse 4º da ESO, 1º de bacharelato e 2º de bacharelato no curso 2022/23.

As probas que realizará o alumnado corresponderanse co nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu
profesorado de lingua estranxeira) e terá que ser unha das probas recollidas no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016.

Será o departamento de lingua estranxeira o encargado de organizar as probas durante o curso 2022/23, informando debidamente ao alumnado seleccionado segundo os criterios aprobados no centro educativo.

O alumnado interesado deberá entregar na Secretaría do centro o día que formalice a matrícula ou  antes do 15 de xullo de 2022  o compromiso de participación cuberto e asinado.

Pódese descargar o compromiso no seguinte link: COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN

Pódese acceder á convovatoria no seguinte link: TEXTO DA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

Nota: Poderáse tamén pedir copia do documento de compromiso na sala de reprografía do centro.



page | by Dr. Radut