Skip to Content

CALENDARIO EXAMES FINAIS 2º FPB

EXAMES FINAIS  2º FP BÁSICA ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA
CURSO 20/21
MÓDULO DIA HORA AULA
INGLÉS 8 DE XUÑO 9:20 TEL 2
COMUNICACIÓN E
SOCIEDADE II
15 DE XUÑO 8:30 TEL 2
INSTALACIÓNS  DE
TELECOMUNICACIONS
16 DE XUÑO 12:30 TEL 2
CIENCIAS APLICADAS II

17 DE XUÑO 8:30 TEL 2
INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE
REDES
18 DE XUÑO 9:20 TEL 2

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DE AULA

Dentro dos actos de celebración do Día das letras galegas, organizouse un concurso para decorar as portas das aulas con elementos relacionados con estritoras e escritores en lingua galega. Os corredores do centro quedaron cheos de cores, de palabras, de versos e de imaxes. Todo o alumnado fixo un magnífico traballo, mais os gañadores ex aequo foron os grupos de 3º ESO D e 1º de Bacharelato C. O martes recibiron un pequeno agasallo e foron convidados a un almorzo saudable.

Parabés ao alumnado e ao profesorado titor!

  

PRE-MATRÍCULA CURSO 2021-2022

Para elixir as opcións e/ou materias optativas para o vindeiro curso 2021-2022 prema no curso correspondente.

Prazo: entre o martes 25 de maio e o venres 11 de xuño.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

 2º BACHARELATO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

 Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 20 de maio de 2021. Prema para acceder ás INSTRUCCIÓNS.

 

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

A ORDE do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato

correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311A) establece os requisitos e os prazos

para o alumnado que, tras finalizar o bacharelato pode optar a este recoñecemento. 

 

As alumnas/os que cumpren os mencionados requisitos recibirán unha notificación a través do correo

electrónico e poden consultar a normativa neste ENLACE.

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO

Para acceder ao calendario de final de curso, pincha AQUÍ.

 

Exames da convocatoria extraordinaria 2º Bacharelato

TÍTULO DE BACHAREL E PROBAS ABAU

Para acceder á información relativa á obtención do Título de Bacharel e a matriculación nas probas

ABAU, pincha AQUÍ.

FINAL RETO BIG DATA

O pasado venres 14 de maio tivo lugar a final do Reto Big Data patrocinado por La Caixa. Entre os 1400 proxectos participantes, foron seleccionados 13. O equipo formado polos alumnos de 2º de Bacharelato Tomás López Vizcaíno , Roi Suárez López e Diego Vidal Gil recibiu a súa merecida recompensa ao ser o único equipo galego entre os 13 seleccionados polo seu proxecto "Un billete, 30 botellas" co que facían una proposta moi interesante: cambiar botellas de plástico por billetes nos medios de transporte ou por entradas a eventos culturais.

Non puideron proclamarse campioóns e conseguir a desexada viaxe a Mallorca, pero queremos felicitalos polos 6 meses de traballo, polo seu magnífico traballo e por deixar no centro a semente da súa idea, que continuaremos no vindeiro curso. 

Parabéns aos tres alumnos e á profesora que dirixiu o proxecto e moita sorte na nova etapa que todos eles van comezar.

LISTA DEFINITIVAS DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Publicadas no Taboleiro de anuncios situado no interior do edificio as listaxes definitivas de admitidos para o vindeiro curso 2021-2022. Tamén poden ser consultadas a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou un certificado dixital.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación. En consecuencia, queda prohibido a realización de fotografías e difusión dos listados.

 

RETO BIG DATA

Hoxe queremos felicitar a Arturo Díaz, Baldomero Martínez, Paula Rodríguez e Lucía Rodríguez, alumnos de 1º de Bacharelato de Humanidades, por ser finalistas do  RETO BIG DATA  da Fundación Educaixa polo seu traballo que estuda as curvas da evolución do Covid en Galicia. Xa tedes superado a 1000 presentados. Estamos moi orgullosos de vós.
ÁNIMO! 
Distribuir contido


by Dr. Radut