Skip to Content

ENTREGA DAS CUALIFICACIÓNS

O venres 25 de xuño, ás 10:30 horas, os titores/as dos diferentes grupos entregarán os boletíns de cualificacións.

O alumnado que habitualmente é usuario do transporte escolar terá dispoñible este servizo co mesmo recorrido e o mesmo horario, aínda que retrasado dúas horas. O regreso iniciarase ás 11:30 horas.

ABAU CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

ENLACE para consultar a documentación necesaria para a obtención do Título de Bacharel e o proceso de matriculación na convocatoria extraordinaria da ABAU.

CALENDARIO FIN DE CURSO ESO, 1º BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Neste ENLACE pódese consultar o calendario de final do curso 2020-2021: entrega de notas, reclamacións das materias non superadas, formalización da matrícula para o vindeiro curso e entrega dos libros do fondo solidario. 

Felices vacacións a todas e todos!

THE BIG CHALLENGE

Hoxe queremos  dar os parabéns aos alumnos de 2 ESO- D pola súa exitosa participación no Concurso Europeo de Coñecementos de Inglés THE BIG CHALLENGE.

Aínda que todos quedastes nunha posición da que estamos moi orgullosos, temos que mencionar especialmente aos que están dentro da categoría dos 5 primeiros postos Pandora Núñez, Noa LLanes e Amara Méndez e como non, á gañadora provincial, IRIA GRANELL TASCÓN.

Congratulations!

CALENDARIO EXAMES FINAIS 2º FPB

EXAMES FINAIS  2º FP BÁSICA ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA
CURSO 20/21
MÓDULO DIA HORA AULA
INGLÉS 8 DE XUÑO 9:20 TEL 2
COMUNICACIÓN E
SOCIEDADE II
15 DE XUÑO 8:30 TEL 2
INSTALACIÓNS  DE
TELECOMUNICACIONS
16 DE XUÑO 12:30 TEL 2
CIENCIAS APLICADAS II

17 DE XUÑO 8:30 TEL 2
INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE
REDES
18 DE XUÑO 9:20 TEL 2

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DE AULA

Dentro dos actos de celebración do Día das letras galegas, organizouse un concurso para decorar as portas das aulas con elementos relacionados con estritoras e escritores en lingua galega. Os corredores do centro quedaron cheos de cores, de palabras, de versos e de imaxes. Todo o alumnado fixo un magnífico traballo, mais os gañadores ex aequo foron os grupos de 3º ESO D e 1º de Bacharelato C. O martes recibiron un pequeno agasallo e foron convidados a un almorzo saudable.

Parabés ao alumnado e ao profesorado titor!

  

PRE-MATRÍCULA CURSO 2021-2022

Para elixir as opcións e/ou materias optativas para o vindeiro curso 2021-2022 prema no curso correspondente.

Prazo: entre o martes 25 de maio e o venres 11 de xuño.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

 2º BACHARELATO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

 Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 20 de maio de 2021. Prema para acceder ás INSTRUCCIÓNS.

 

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

A ORDE do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato

correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311A) establece os requisitos e os prazos

para o alumnado que, tras finalizar o bacharelato pode optar a este recoñecemento. 

 

As alumnas/os que cumpren os mencionados requisitos recibirán unha notificación a través do correo

electrónico e poden consultar a normativa neste ENLACE.

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO

Para acceder ao calendario de final de curso, pincha AQUÍ.

 

Exames da convocatoria extraordinaria 2º Bacharelato

Distribuir contido


by Dr. Radut