Skip to Content

FIN DE SEMANA EN ESPOSENDE PORTUGAL (PREMIO CONCURSO MATEMÁTICAS NA RAIA)

As rapazas e rapaces de 3º A, como gañadores da fase galega do concurso Matemáticas na raia, tiveron a ocasión de disfrutar este fin de semana de dúas xornadas de encontro e confraternización co grupo gañador en Portugal, procedente de Braga.

Grupo 3A Matemáticas na raia Grupo Galicia e Portugal Matemáticas na raia

Foi unha fin de semana moi intensa, con actividades, xogos, competicións, actividades deportivas (kayak) e visita turística ó pobo de Esposende, no que fixemos un roteiro matemático.

     

Ata o último momento estiveron dándoo todo en diversas probas da xincana matemática en grupos (agora xa mixtos galego-portugueses), no fabuloso marco do pinar a carón da praia das Pedrinhas (Esposende).

Parabéns para este fenomenal grupo, e esperamos que continúen participando con tanto entusiasmo en diversas actividades e tamén continúen a darnos de vez en cando estas alegrías.

Tamén queremos agradecer a Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e APM (Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal) a organización do concurso, destas xornadas  e a súa calurosa acollida.

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

O Concello de Oleiros ACORDOU, mediante Resolución da Sétima Tenenta de Alcalde, delegada de Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude nº 2024002588, ditado en data 16/05/2024, CONCEDER ao IES María Casares unha subvención por importe de 11.660,00 € (once mil seiscentos sesenta euros) para os seguintes  conceptos: “Realización de actividades diversas de carácter educativo, cultural e deportivo, eventos e celebracións  conmemorativas e adquisición de materiais didácticos de carácter funxible"

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

No seguinte documento poderán atopar toda a documentación para a solicitude do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2024-2025

Consultar documento aquí.

EXAMES 2ºBAC-EXTRAORDINARIA

INFORMACIÓN ALUMNADO 2º BACHARELATO

Para consultar a información relativa ao procedemento de reclamación ás cualificacións finais, a solicitude do Título de Bacharel e a matrícula nas probas ABAU, prema neste ENLACE.

 Máis info sobre as probas ABAU, visita o enlace do departamento de Orientación onde hai dúas presentacións explicativas

PARTICIPACIÓN E VISITA GALICIENCIA 2024

Este curso volvemos a presentar un proxecto na feira científica de Ourense Galiciencia. Os alumnos Marina Paz e Hugo Sierra de 4ºESO, xunto co profesor Carlos Rodríguez, defenderon durante tres días o seu proxecto "Transformando papel en árbores". Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo un taller no simulador de voo da Aula Newton.

 Ademáis, o alumnado do Club de Ciencias e do 1º STEM Bac puideron visitalos o pasado venres. Alí, tras ver os distintos postos da feira, participaron nun taller de construción dun soporte móbil con material reutilizado e no espectáculo de ciencia "Descubrindo a madeira" de David Ballesteros.

 

ENTREGA DE PREMIOS MATEMÁTICOS

Como remate de algunha das actividades desenvolvidas polo Departamento de Matemáticas, realizamos a entrega dos premiados no I Concurso de fotografía matemática, e duns detalles ao alumnado que participou na XVI Feira Matemática, como recoñecemento ao seu traballo e constancia ao longo do curso.

 Moitas grazas e grazas tamén ao profesorado implicado pola súa colaboración.

CALENDARIO FIN DE CURSO

Poden consultar os calendarios fin de curso de cada nivel educativo no enlace correspondente.

2º Bacharelato

1º de Bacharelato e 1º FPB

ESO e 2º FPB

SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL

O alumnado de 3º ESO PDC, participou nunha actividade solidaria interxeracional compartida cos usuarios do centro de día "As Galeras".

Durante catro sesións repartidas ao longo do curso, o alumnado tivo a oportunidade de compartir experiencias e vivencias, ademais de realizar diferentes actividades, unhas delas  organizadas polo equipo Técnico do Centro de Atención Diurna de Oleiros e outras propostas polo alumnado coa axuda da súa titora. Actividades tales como intercambiar información, dar un paseo polos arredores do centro, compartir diferentes xogos: cartas, pasapalabra ou pintar mosaicos.

Unha experiencia moi enriquecedora para todos os participantes, polo que consideramos importante continuar realizando esta actividade en vindeiros curso.

MATEMÁTICAS NA RAIA

O equipo de 3ºA do IES María Casares resultou gañador da fase rexional do concurso matemático “Matemáticas na raia”. Esta actividade é un concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). 

 O equipo de 3ºA do IES María Casares foi o que obtivo maior puntuación na fase rexional do concurso, na que participaban grupos de 3º da ESO dos centros de toda Galicia. 

 Matemáticas na raia é un concurso moi singular, tanto pola natureza dos problemas plantexados, de carácter lúdico e moi creativo, como pola forma de desenvolverse. Neste concurso participan grupos de clase completos, faise en equipo e nel é vital a aportación de todos e a capacidade que teñan de traballar conxuntamente e desenvolverse como equipo.

Parabéns para o alumnado e para o profesorado implicado pola súa colaboración.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut