Abro este curso para ir subindo algún contido que sexa de interese para o grupo. Tamén é importante que vos poñades en contacto comigo, tanto polo foro deste curso, como por medio do mail. Escribídeme a saramoreno@edu.xunta.es 

Neste curso vou ir subindo cuestionarios para que vaiades cubrindo e outros materiais para poder ir traballando tanto o contido que xa tedes feito desde principio do curso, como para intentar ir adiantando algún novo concepto. Debedes ir facendo cada tarefa e mandarma por mail a saramoreno@edu.xunta.es

Descargade o documento adxunto. Está en formato editable para poder cubrilo con word, openoffice ou semellantes. Está separado en bloques, para que podades ir administrando mellor o tempo de resolvelo. Moitas das preguntas refírense directamente a cuestións que están nos vosos apuntes, pero algunha outra vai necesitar que ampliedes a información, así que é recomendable que como mínimo o busquedes na rede. Son cinco bloques. Podedes ir entregándome cada día un deles para que eu o poda revisar, sería o recomendable. O meu mail é: saramoreno@edu.xunta.es