Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Avisos
Premio nos XXVI Premios Publicidade en Galego
Estudantes do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia obtiveron o premio de centros educativos na XXVI edición de Publicidade en galego convocado polo Parlamento de Galicia, a CRTVG e o Foro Enrique Peinador.
A entrega de premios tivo lugar en Santiago de Compostela e participaron a profesora María Salas, que coordinou o proxecto ganador, e o estudantado:
- Ricardo José Palmeiro Quirós
- Sandra Porto Zapatero
- Lorena Gómez Díaz
- Sara Cruz Ledo
Concurso de traslados para o profesorado
Xúntase a Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.
- O prazo de presentación de solicitudes e documentos será desde o día 6 de novembro de 2018 ao 27 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos.
Calendario de presentacións
Publicado o calendario de presentacións do curso 2018-2019.
- Ver o calendario de presentacións.
Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP
Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP -
Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.
Este proxecto é froito da colaboración entre o CIFP Ferrolterra e o IES Leixa, xunto coa empresa Ambulancias Ferrolanas S.L. e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).
Con esta presentación ponse en valor a calidade e profesionalidade das ensinanzas e centros educativos de Formación Profesional e dáse a coñecer esta ferramenta a outros colectivos relacionados coa seguridade cidadán, aos que lles pode resultar de grande utilidade tanto para a súa formación como para a realización de campañas de sensibilización da condución responsable: Servizo Galego de Saúde, 061, 112, protección civil, bombeiros, empresas de ambulancias, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), concellos de Ferrolterra, grupos de emerxencias supramunicipais, Cruz Vermella e outros centros educativos.
- Ficha do proxecto en FPInnova 2017
- Vídeo do proxecto en FPInnova 2017
- Máis información sobre os premios a proxectos de innovación na FP
ERASMUS do IES Leixa
A directora do IES Leixa Ana Roel e a titora de FCT do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia Laura Ríos, acompañaron ás estudantes do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, Lucía Antón e Ana López, a Valença (Portugal) onde realizarán a formación en centros de traballo na Farmacia do Jardim, do país veciño, grazas a senllas becas ERASMUS.
ERASMUS do IES Leixa
A estudante do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia Estefanía Fernández é presentada na empresa Multitema, de Oporto (Portugal) onde vai realizar a formación en centros de traballo como estudante ERASMUS do IES Leixa. Foi acompañada pola titora de FCT María Salas e o profesor José Antonio López.
Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/2016
Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/2016 -
Xúntase a Orde do 10 de febreiro de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Reactivación da ANPA
Representantes de nais e pais do Consello Escolar do IES Leixa inician xestións para reactivar a ANPA do centro.
Nunha primeira iniciativa, o IES Leixa creou unha conta de correo no dominio do centro para activar as comunicacións con estes/as representantes e facilitar a interacción.
A conta de correo é anpa@iesleixa.es
Currículo da ESO e o Bacharelato LOMCE
Publicados no BOE os currículos da nova Educación Secundaria Obrigatoria e o novo Bacharelato LOMCE. |
Para saber máis sobre a LOMCE e os seus itinerarios, accede a esta presentación interactiva do Ministerio de Educación.
Tamén podes consultar o texto consolidado da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación e a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.