Galería de fotos

IES Lamas de Abade

Últimas subidas
tn_Casares_Un_pais_de_palabras.jpg
UN PAÍS DE PALABRAS6 vistasQuince ensaios de pequena extensión compoñen Un país de palabras, unha colección editada por Galaxia en 1998. Casares xunta neste volume o seu amor polos aspectos menos usuais da historia e os costumes de Galicia e, sobre todo, a admiración pola literatura e os amigos.
Percorren as páxinas de Un país de palabras escritores clave na literatura galega e portuguesa cos que Casares tivo unha relación privilexiada, como Miguel Torga, un ancián Cunqueiro, un Otero Pedrayo case espectral ou un divertido Basilio Losada, ou faladoiros con Vicente Risco, Ramón Piñeiro e Gonzalo Torrente Ballester separadas por medio século no tempo. As anécdotas e o humor, ademais da reflexión, sérvenlle ao autor para facer comprender mellor o peso destas figuras no contexto da cultura galega.
abr 23, 2017
tn_Casares_Un_polbo_xigante.jpg
UN POLBO XIGANTE2 vistasUn home rememora o episodio que marcou a súa infancia: a desaparición do criado Nicolás mentres os dous pescaban, arrastrado ao fondo do mar por un mítico polbo xigante. Nun primeiro momento, o rapaz cre o que lle conta a Delfina: que o polbo non é outro que o xastre de Agüeiros, amante da troula, reencarnado e en busca que compañeiros de festa. Co tempo, e tras moito debate con Delfina, o mozo deixará de crer a historia… ou non de todo.abr 23, 2017
tn_Casares-Xoguetes-para-un-tempo-prohibido-e1469276658379.jpg
XOGOUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO4 vistasXoguetes para un tempo prohibido percorre os diversos escenarios da represión diaria que se vivía na Galicia da ditadura franquista: a violencia imperante nos colexios relixiosos e nas igrexas, primeiro; a descuberta do amor e as relacións entre os dous sexos, condicionadas polas convencións e o medo; a loita política, despois, as súas escuridades e os os seus servilismos; a censura; e a dramática aceptación da derrota, finalmente.abr 23, 2017
tn_Casares_Vento_ferido.jpg
VENTO FERIDO1 vistasUnha ducia de relatos curtos forman Vento ferido, o libro que deu a coñecer a Carlos Casares en 1967 no entón nacente panorama literario galego. Nesta primeira obra, o autor toca xa algúns dos temas que serán fundamentais na súa traxectoria: a memoria, a desesperanza e a violencia.abr 23, 2017
tn_Casares__A_galiña_azul.jpg
A GALIÑA AZUL5 vistasA galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.
O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.
abr 23, 2017
tn_Casares__Á_marxe_1993.jpg
Á MARXE, 1993. Obras xornalística II3 vistas Recompilación dos artigos publicados por Carlos Casares no xornal La Voz de Galiciaabr 23, 2017
tn_Casares_A_marxe_1992.jpg
Á MARXE, 1992. Obras xornalística I3 vistas Recompilación dos artigos publicados por Carlos Casares no xornal La Voz de Galicia.abr 23, 2017
tn_Casares_Cambio_en_tres.jpg
CAMBIO EN TRES2 vistasA violencia diaria, exercida de pais a fillos, de homes a mulleres, entre compañeiros; a dureza da vida, primeiro nas cidades e despois no estranxeiro; e a falta de expectativas durante os anos centrais da ditadura. Con estes elementos compuxo Carlos Casares Cambio en tres, unha das súas obras máis experimentais, que entroncou no seu día coa prosa europea de vangarda.abr 23, 2017
tn_Casares_Deus_sentado_nun_sillon_azul.jpg
DEUS SENTADO NUN SILLÓN AZUL4 vistasEn Deus sentado nun sillón azul Casares retrata a un dos seus personaxes máis logrados: un escritor comido comido polos remorsos dunha situación que, dalgún xeito, axudou a crear coa súa ansia de integridade. Como contraposición, un triángulo amoroso do que participa a muller que o observa, entrelazada coa narración principal nun texto que viaxa constantemente entre presente e pasado.abr 23, 2017
tn_Casares_Esteetoribio2017.jpg
ESTE É TORIBIO3 vistasDirixido á xente miúda. Carlos Casares encetou no arranque dos anos noventa a serie de libros nos que o protagonista é Toribio, un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Cheas de humor e imaxinación e marcadas polos fabulosos inventos do seu personaxe principal, as historias, sempre didácticas, reflicten unha das facetas da personalidade do autor: a fascinación pola tecnoloxía.abr 23, 2017
tn_Casares_Ilustrísima.jpg
ILUSTRÍSIMA1 vistasA chegada do cinematógrafo a unha pequena cidade galega desata o enfrontamento entre o bando máis intransixente do clero, apoiado polas profecías apocalípticas dunha monxa coa aparente capacidade para levitar, e o talante aperturista do bispo, un home tan devoto como amante dos praceres terreais e do trato coa xente do común.abr 23, 2017
tn_Casares_O_sol_do_veran.jpg
O SOL DO VERÁN3 vistasO suicidio do vital e atractivo Carlos aos 27 anos de idade desencadea os mecanismos do recordo en Helena, a muller que o atopou deitado na bañeira despois de se pegar un tiro. Helena, amiga do finado desde a infancia, repasa unha historia común que se remonta aos anos da nenez e as vacacións de verán compartidas.abr 23, 2017
417 ficheiros en 35 páxina(s) 1