Galería de fotos

IES Lamas de Abade


tn_Casares__A_galiña_azul.jpg
A GALIÑA AZUL5 vistasA galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.
O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.
tn_Casares__Á_marxe_1993.jpg
Á MARXE, 1993. Obras xornalística II3 vistas Recompilación dos artigos publicados por Carlos Casares no xornal La Voz de Galicia
tn_Casares_A_marxe_1992.jpg
Á MARXE, 1992. Obras xornalística I3 vistas Recompilación dos artigos publicados por Carlos Casares no xornal La Voz de Galicia.
tn_Casares_Cambio_en_tres.jpg
CAMBIO EN TRES2 vistasA violencia diaria, exercida de pais a fillos, de homes a mulleres, entre compañeiros; a dureza da vida, primeiro nas cidades e despois no estranxeiro; e a falta de expectativas durante os anos centrais da ditadura. Con estes elementos compuxo Carlos Casares Cambio en tres, unha das súas obras máis experimentais, que entroncou no seu día coa prosa europea de vangarda.
tn_Casares_Deus_sentado_nun_sillon_azul.jpg
DEUS SENTADO NUN SILLÓN AZUL5 vistasEn Deus sentado nun sillón azul Casares retrata a un dos seus personaxes máis logrados: un escritor comido comido polos remorsos dunha situación que, dalgún xeito, axudou a crear coa súa ansia de integridade. Como contraposición, un triángulo amoroso do que participa a muller que o observa, entrelazada coa narración principal nun texto que viaxa constantemente entre presente e pasado.
tn_Casares_Esteetoribio2017.jpg
ESTE É TORIBIO3 vistasDirixido á xente miúda. Carlos Casares encetou no arranque dos anos noventa a serie de libros nos que o protagonista é Toribio, un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Cheas de humor e imaxinación e marcadas polos fabulosos inventos do seu personaxe principal, as historias, sempre didácticas, reflicten unha das facetas da personalidade do autor: a fascinación pola tecnoloxía.
tn_Casares_Ilustrísima.jpg
ILUSTRÍSIMA1 vistasA chegada do cinematógrafo a unha pequena cidade galega desata o enfrontamento entre o bando máis intransixente do clero, apoiado polas profecías apocalípticas dunha monxa coa aparente capacidade para levitar, e o talante aperturista do bispo, un home tan devoto como amante dos praceres terreais e do trato coa xente do común.
tn_Casares_O_sol_do_veran.jpg
O SOL DO VERÁN3 vistasO suicidio do vital e atractivo Carlos aos 27 anos de idade desencadea os mecanismos do recordo en Helena, a muller que o atopou deitado na bañeira despois de se pegar un tiro. Helena, amiga do finado desde a infancia, repasa unha historia común que se remonta aos anos da nenez e as vacacións de verán compartidas.
tn_Casares_Os_escuros_soños_de_Clio.jpg
OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO2 vistasViquingos sanguinarios, curas inquisidores, republicanos, fidalgos e masóns xúntanse nas páxinas d´Os escuros soños de Clío, un exercicio de ficción histórica en forma de pequenos relatos
tn_casares_os_mortos_daquel_verán.jpg
OS MORTOS DAQUEL VERÁN3 vistasOs mortos daquel verán é unha novela curta na que se parodia a fría e en ocasións revirada prosa funcionarial, un estilo no que moitas veces, con todo, se distinguen todo o humanismo e o humorismo propios de Carlos Casares. O texto relata a deterioración da convivencia nunha comunidade, que desemboca en sucesos estarrecedores, folgas, ameazas, actos sacrílegos, milagres de escasa credibilidade, mortes que quedarán sen resolver e, no fondo, a escura trama de relacións que se dan nunha vila tipo da Galicia de principios do século XX.
tn_Casares_Un_pais_de_palabras.jpg
UN PAÍS DE PALABRAS6 vistasQuince ensaios de pequena extensión compoñen Un país de palabras, unha colección editada por Galaxia en 1998. Casares xunta neste volume o seu amor polos aspectos menos usuais da historia e os costumes de Galicia e, sobre todo, a admiración pola literatura e os amigos.
Percorren as páxinas de Un país de palabras escritores clave na literatura galega e portuguesa cos que Casares tivo unha relación privilexiada, como Miguel Torga, un ancián Cunqueiro, un Otero Pedrayo case espectral ou un divertido Basilio Losada, ou faladoiros con Vicente Risco, Ramón Piñeiro e Gonzalo Torrente Ballester separadas por medio século no tempo. As anécdotas e o humor, ademais da reflexión, sérvenlle ao autor para facer comprender mellor o peso destas figuras no contexto da cultura galega.
tn_Casares_Un_polbo_xigante.jpg
UN POLBO XIGANTE2 vistasUn home rememora o episodio que marcou a súa infancia: a desaparición do criado Nicolás mentres os dous pescaban, arrastrado ao fondo do mar por un mítico polbo xigante. Nun primeiro momento, o rapaz cre o que lle conta a Delfina: que o polbo non é outro que o xastre de Agüeiros, amante da troula, reencarnado e en busca que compañeiros de festa. Co tempo, e tras moito debate con Delfina, o mozo deixará de crer a historia… ou non de todo.
14 ficheiros en 2 páxina(s) 1