MP1367: Xestión de Mostras Biolóxicas. Duración: 213 horas. Equivalencia en créditos ECTS: 11

Este módulo profesional de 1º Curso, contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de: Xestión da área do laboratorio correspondente á extracción de mostras,  Xestión, arquivamento e custodia dos datos clínicos relacionados coas mostras biolóxicas humanas, Obtención e custodia das mostras, Conservación e transporte das mostras e Tratamento dos residuos xerados.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre: Utilizar aplicacións informáticas para formalizar a documentación de xestión, Aplicar técnicas de control de existencias para organizar e xestionar a área de traballo, Recoñecer as variables que inflúen na obtención, na conservación e na distribución de mostras, aplicando procedementos normalizados de traballo e técnicas de soporte vital básico na fase preanalítica, Aplicar protocolos para garantir a calidade en todas as fases do proceso analítico, Formalizar a documentación relacionada co procesamento das mostras, segundo os procedementos de codificación e rexistro, para asegurar a rastrexabilidade, Preparar reactivos segundo as demandas do proceso, manténdoos en condicións óptimas, Aplicar procedementos de posta en marcha e mantemento, para verificar o funcionamento do equipamento e Realizar operacións fisicoquímicas para acondicionar a mostra antes da análise.


Bibliografia/Texto Recomendado:

Gestión de Muestras Biológicas. Editorial Altamar 2023. ISBN: 978-84-19780-00-3


Este módulo fundamenta a formación doutros módulos profesionais nos aspectos relacionados con materiais de laboratorio, técnicas básicas, control de resultados, aseguramento da calidade, e prevención e seguridade laboral e ambiental. As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en laboratorios clínicos, de anatomía patolóxica, de investigación biosanitaria, de bioloxía molecular, de toxicoloxía, de clínicas veterinarias e farmacéuticos

É un módulo de  8 horas semanais correspondente ao primeiro ano do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico.

Os contidos deste curso permitirán ao alumnado coñecer a estrutura e o funcionamento do corpo human asi como as principais patoloxías relacionadas.

Ao final do mesmo, o alumnado será quen de identificar as distintas partes do corpo, a súa fisioloxía asi como as alteracións máis frecuentes.