Este curso de Formulación Maxistral contén a formación necesaria para acadar, dentro do título de Técnico de Farmacia e Parafarmacia, as seguintes :competencias profesionais, persoais e sociais:

e) Asistir na elaboración de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos, aplicando protocolos de seguridade e calidade.

i) Manter o material, o instrumental, os equipamentos e a zona de traballo en óptimas condicións para a súa utilización.  

o) Intervir con prudencia e seguridade respectando as instrucións de traballo recibidas.

p) Seleccionar residuos e produtos caducados para a súa eliminación de acordo coa normativa.

q)Aplicar procedementos de calidade e prevención de riscos laborais e ambientais, consonte o establecido nos procesos de farmacia.

O módulo de Formulación Maxistral (MP0104) contribúe a alcanzar os seguintes obxectivos xerais do ciclo:

g) Preparar equipamentos, materias primas e reactivos necesarios seguindo instrucións técnicas e protocolos de seguridade e calidade, para asistir o persoal facultativo na elaboración de fórmulas maxistrais, preparacións oficinais e cosméticos.

h) Realizar operacións básicas de laboratorio seguindo instrucións técnicas e protocolos de seguridade e calidade para asistir o persoal facultativo na elaboración de fórmulas maxistrais, preparacións oficinais e cosméticos.

m) Hixienizar o material, o instrumental e os equipamentos limpando, desinfectando e esterilizando segundo os protocolos e as normas de eliminación de residuos, para os manter en óptimas condicións no seu uso.

t) Valorar a diversidade de opinións como fonte de enriquecemento, recoñecendo outras prácticas, ideas ou crenzas, para resolver problemas e tomar decisións.

Estes obxectivos do módulo veñen expresados no currículo cos seguintes resultados de aprendizaxe:

RA1.Pon a punto equipamentos de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e recoñece os dispositivos e o seu funcionamento.

RA2. Verifica a calidade das materias primas utilizadas na elaboración mediante a análise da lexislación, da súa etiquetaxe e das súas condicións de almacenaxe e conservación.

RA3. Controla o material de acondicionamento primario conforme as especificacións legais.

RA4- Elabora baixo a supervisión do facultativo produtos farmacéuticos e afíns aplicando as operacións farmacéuticas básicas, e recoñece os fundamentos destas.

RA5- Envasa produtos farmacéuticos e afíns en condicións hixiénicas, e xustifica o material de acondicionamento seleccionado.