Opcións de matriculación

Durante o presente curso académico, na época de creación e redacción de programacións, detectouse no claustro unha falta de coñecementos básicos no manexo de editores de texto (como pode ser LibreOffice Writer ou Microsoft Word) o que provocou para estes membros do profesorado que o tempo dedicado a súa preparación fose maior e en moitos casos xerase un nivel aínda máis grande de frustración e estrés nesa época.

O mesmo sucedeu na época de avaliacións, onde se detectou que moitos membros do profesorado, a hora de ter que calcular medias, porcentaxes, etc... empregaban calculadoras para facer eles ‘a man’ todos estes cálculos desaproveitando as utilidades que ofrecen ferramentas de follas de cálculo (como pode ser LibreOffice Calc ou Microsoft Excel) o que provocou que o tempo dedicado a estes cálculos fose moito máis grande ademais de provocar posibles fallos nestes cálculos.

Mediante esta acción formativa, achegamos ao profesorado participante aos principios, estratexias e ferramentas necesarias para a creación do contido que necesitarán empregar nas súas programacións así como os mecanismos necesarios para poder realizar o cálculo das notas do seu alumnado.

Automatriculación (Student)