Skip to Content

O Proxecto

O proxecto

Erasmus Days no IES de Foz

Este xoves 13 de outubro tivo lugar no IES de Foz unha actividade colaborativa entre alumnado e profesorado participante en Erasmus+ dirixida a toda a comunidade educativa.

 

Elaboraron un menú baseado en "Ravioli con espinacas", peixe espada á "Messinese" e de sobremesa "Pannacotta".

Este menú foi elaborado por Higinio Díaz, profesor de cociña e participante nunha actividade de aprendizaxe en Italia, na rexión de Basilicata onde aprendeu a cociñar estas receitas. Elaborou o menú co alumnado de 1º de Cociña, futuros participantes no programa Erasmus. Foi servido polo alumnado de 1º Servizos, tamén futuros candidados Erasmus+.

 

 

Erasmus Days 2022

O xoves 13 de outubro celebramos os "Erasmus Days" no IES de Foz. Para celebralo o alumnado degustará un menú especial baseado na gastronomía italiana e elaborado por profesorado que realizou unha actividade de aprendizaxe por observación en Potenza.

 

Esperemos que o disfruten!

Distribuir contido


by Dr. Radut