Esquema de temas
Xeral
- Este tema
Xeografía física e política: Europa e España
Repaso dos principais accidentes xeográficos e estrutura política e administrativa do espazo europeo e do marco estatal.
No libro de texto, volume 3, anexo de mapas
A estrutura do estado e os sistemas democráticos
Estrutura administrativa do estado partindo do concello (sen olvidar a rede parroquial galega), o ámbito provincial, as CC.AA. e o estado (Cámaras, Goberno, Poder Xudicial e Xefatura do Estado)
No libro de texto, terceiro volume (unidade 9) páxinas 210-213.
Estudiar, subliñar e comprender as páxinas presentadas. Lembrade as explicacións que no seu día xa fixemos na clase
Os mapas temáticos
Coñecer os tipos de mapas, os datos e información que aportan e o seu comentario
Presentación con algúns dos diversos tipos de mapas temáticos que vos podedes atopar
Mapa de coropletas elaborado pola Escola de Medicina da Universidad Johns Hopkins
Sectores de actividade económica
Adicado a recoñecer os diversos aspectos da actividade e organización económica
Hai que estudiar e comprender as páxinas presentadas. Non vos agobiedes, irei subindo o resto segundo avancen as clases
Tedes aquí un esquema do traballo. Podédes empregalo se queredes. Borrade ou engadide o que consideredes.
Ánimo
A Agricultura (O sector primario)
Nesta ligazón tedes o documental sobre a agricultura e o papel dos produtos tranxénicos no mundo actual. Tedes que velo e apuntar o que necesitades para respostar a tarefa correspondente. Tamén teremos debate na aula cando sexa posible sobre o mesmo.
Unha vez vexades o documental tedes que respostar por escrito (e entregalo nesta aula virtual) as seguintes cuestións:
-Que é un tranxénico?
-Cales son, na vosa opinión, as súas vantaxes?
-Cales son, na vosa opinión, as posibles pegas?
-Redacta un texto xustificando a túa posición respecto se pensas que teñen futuro no noso mundo ou se son un perigo. Ten en conta sempre as posicións dos diferentes participantes no documental (agricultores, individuais, representantes das compañías como Monsanto...)
Documental que vos explica a importancia do coidado do solo para as labores agrícolas
Tema 6
Tema 7
Tema 8
Tema 9
Tema 10