Esquema de temas
Xeral
Tema 1
Neste tema inicial -despois dun prólogo no que comprenderemos a importancia da cultura grega na nosa civilización- coñeceremos cal é a orixe da lingua grega, que forma parte da familia indoeuropea, e ademais veremos o ámbito xeográfico da Antiga Grecia
- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 2
Nesta Unidade abordamos xa a aprendizaxe do alfabeto grego clásico, para poder lelo e escribilo. Ademais, comezamos o coñecemento dun tema tan amplo como o da mitoloxía grega, empezando pola súa cosmogonía e teogonía.- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 3
Entramos agora nos conceptos básicos da morfoloxía nominal grega: o caso e a declinación. Seguiremos ademais coñecendo a mitoloxía grega, esta vez no que se refire ó seus ciclos de lendas máis coñecidos, que deberán ser investigados polos propios alumnos. Finalmente, achegarémonos á cidade de Atenas, para ver que aspecto tiña na época do seu máximo esplendor.- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 4
Unha vez coñecidos os conceptos de caso e declinación, entramos de cheo no coñecemento da morfoloxía nominal grega, co estudio das declinacións 1ª e 2ª, no que se refire a substantivos e adxectivos. Por outra parte, comezaremos tamén coa morfoloxía nominal, presentando ademais os verbos temáticos e o verbo εἰμί. Para rematar, iniciaremos un percorrido pola Historia da Grecia Antiga: de forma cronolóxica, a primeira parada será a Época Arcaica.
- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 5
Chégalle a vez agora á 3ª declinación, a máis complexa de todas. Comprende, como as dúas anteriores, substantivos e adxectivos, pero a súa dificultade tén que ver cos efectos que as desinencias casuais provocan ó unirense ós diferentes lexemas. Por outra banda, continuaremos a nosa viaxe pola Historia da Grecia Antiga: é o momento da chamada Época Clásica.
- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ἈΝΑΤΡΕΧΕ! (Consulta!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 6
Agora coñeceremos os graos do adxectivo grego, con especial atención ó comparativo de superioridade e o superlativo, que se constrúen de maneira diferente a como se fai en castelán e galego. Ademais, completaremos o percorrido pola Historia da Grecia Antiga, achegándonos á Época Helenística, a Grecia Romana e o Imperio Bizantino- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 7
Nesta sección do Curso tomaremos contacto coa flexión pronominal grega, que inclúe, entre outros elementos, os numerais, os pronomes personais, os pronomes e adxectivos posesivos, demostrativos, interrogativos e indefinidos. Por outra parte, veremos como estaba constituída a sociedade grega antiga, e tamén as diversas formas de goberno das cidades-estado helenas.- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 8
O protagonista desta parte do curso será o verbo grego: prestaremos atención a varios tempos e modos verbais da conxugación pura, con especial detemento naqueles que son máis frecuentes nos textos que se manexarán durante o Bacharelato. Ó tempo presente e ó pretérito imperfecto engadiranse agora o futuro, o aoristo, o perfecto e (aínda que é menos habitual) o pluscuamperfecto; en canto ós modos, ademais do indicativo, que xa coñecemos en parte, entraremos no subxuntivo (pouco habitual), optativo e imperativo. No apartado que en cada Tema dedicamos á civilización helénica, analizaremos o sistema xudicial ateniense, e tamén a forma de facer a guerra dos antigos gregos.- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 9
Seguimos aquí co verbo: agora deterémonos nas voces media e pasiva, nos mesmos tempos e modos que vimos ó falar da activa; tamén describiremos o funcionamento sintáctico da pasiva, para non ter dificultades na tradución. En canto á sección dedicada á cultura grega, comezaremos a ver como era a súa vida diaria.- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 10
A complexidade da conxugación verbal grega fai que debamos deternos aquí nalgunhas características dos verbos contractos e dos consonánticos. Con todo, dedicaremos máis atención á sintaxe da oración, comezando por ver o funcionamento da coordinación e da subordinación relativa. No referente á civilización helénica, seguiremos vendo elementos da súa vida cotiá.- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ΒΛΕΠΕ! (Observa!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 11
No penúltimo Tema do curso, no que se refire á lingua grega, falaremos dos verbos depoñentes, os verbos en -μι, as oracións subordinadas sustantivas, temporais e finais, e tamén dunha das formas nominais do verbo: o infinitivo. Por outra parte, empezaremos a achegarnos á literatura grega falando de dous xéneros (e lendo textos dos mesmos): a épica e a lírica.- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)
Tema 12
Para rematar o curso, completamos o noso percorrido pola gramática da lingua grega deténdonos nos adverbios e preposicións; ademais, completamos a sintaxe da oración composta cos seguintes tipos: condicionais, concesivas, causais e consecutivas. Finalmente, veremos como funcionan os participios gregos. Caerá o pano con dous novos xéneros literarios gregos: a Historiografía e o Teatro- ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! (Le!)
- ἘΡΓΕ! (Traballa!)
- ἈΝΤΙΦΟΝΕΙ! (Contesta!)