Esquema de temas
Xeral
- CONSVLE!
Tema 1
No Prologus e a LECTIO PRIMA achegámonos a varios aspectos introdutorios da materia:
- a importancia do latín e a cultura de Roma ó longo de toda a historia de Europa e o seu papel fundamental na conformación do que chamamos Cultura Occidental.
- o feito da existencia da linguaxe humana, a evolución lingüística e as familias de linguas, con especial atención á indoeuropea.
- unha caracterización xeral do latín e das linguas xurdidas del.
- unha panorámica sobre a cidade de Roma a través dos seus principais restos arqueolóxicos.- LEGE!
- SPECTA!
- MEMENTO!
Tema 2
Na LECTIO SECVNDA coñeceremos o alfabeto latino e a súa orixe, en contraste con outros sistemas de escritura, ademais de aprender a pronuncia do latín. Por outra parte, comezaremos a ver os feitos máis importantes da primeira fase da Historia de Roma. Tamén iniciaremos unha sección nesta LECTIO: a referida ó latín cotián. En concreto, tocaremos os seguintes puntos:
- causas e modos do cambio lingüístico, sobre todo nos aspectos fonético, léxico, gramatical e semántico.
- os distintos sistemas de escritura, desde o punto de vista do que representan os seus símbolos.
- o alfabeto latino: a súa orixe e evolución.
- prosodia latina: pronunciación das letras e acentuación das palabras.
- a primeira fase da Historia de Roma: a Monarquía.
- latín cotián: fórmulas de saúdo e despedida.- LEGE!
- SPECTA!
- MEMENTO!
Tema 3
A LECTIO TERTIA inicia o estudio e o traballo sobre a morfosintaxe do latín, e tamén presenta o concepto literario da Antigüidade, ademais de seguir coa Historia de Roma e o latín cotián. Estes son os seus puntos básicos:
- concepto de caso na morfoloxía nominal latina: desinencias para funcións sintácticas.
- concepto de declinación: conxuntos diferentes de casos segundo os lexemas nominais.
- o feito literario na Antiga Roma: intención estética e práctica.
- a República: o segundo período da Historia de Roma.
- latín cotián: afirmación, negación e preguntas breves.- LEGE!
- SPECTA!
- MEMENTO!
Tema 4
Coa LECTIO QVARTA comezamos a practicar a traducción de secuencias breves en latín, rematamos o percorrido pola Historia de Roma, e continuamos vendo expresións do latín cotián. Os apartados que veremos serán os seguintes:
- desinencias da 1ª e 2ª declinacións: sustantivos e adxectivos.
- a flexión verbal: temas de presente da conxugación regular e do verbo SVM.
- a concordancia entre elementos nominais e entre elementos nominais e verbais.
- mecánica básica de traducción de secuencias curtas.
- derradeira fase da Historia de Roma: o Imperio (dividido á súa vez en Principado e Dominado).
- latín cotián: interxeccións.- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- MEMENTO!
Tema 5
A LECTIO QVINTA amplía o campo das flexións nominal e verbal, e presenta as palabras invariables. Por outra parte, entraremos en contacto coa sociedade e os sistemas de goberno da Antiga Roma, e seguiremos coñecendo vocabulario do latín cotián. Os puntos en que se divide a LECTIO son:
- desinencias da 3ª declinación: sustantivos e adxectivos.
- a flexión verbal: temas de perfecto da conxugación regular e do verbo SVM.
- palabras invariables: adverbios, preposicións e conxuncións.
- a sociedade romana: a súa evolución a través do tempo.
- sistemas de goberno da Antiga Roma: Monarquía, República e Imperio.
- latín cotián: partes do corpo humano.- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- MEMENTO!
Tema 6
Na LECTIO SEXTA atoparémonos con dous elementos gramaticais de certa importancia: a expresión da gradación no adxectivo, e os pronomes persoais. Por outra banda, achegarémonos ós mecanismos que gobernaron a evolución fonética sufrida polo latín ata desembocar nas linguas romances. Tamén teremos a nosa periódica entrega de latín cotián. Estas serán as seccións:
- os graos do adxectivo, con especial atención ó comparativo de superioridade e ó superlativo.
- flexión pronominal: os pronomes persoais.
- a evolución fonética nas súas leis: algúns comportamentos das vocais e as consonantes latinas na súa evolución cara galego e castelán.
- latín cotián: comidas e bebidas.
- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- CANE!
- MEMENTO!
Tema 7
Na LECTIO SEPTIMA completamos a flexión nominal, coas dúas declinacións derradeiras. Tamén avanzamos un paso no coñecemento da flexión verbal, ó presentar algúns verbos con características especiais. Entrarán en escena os demostrativos e numerais, dentro da flexión pronominal. Por outra parte, teremos un primeiro contacto coa literatura romana, a través de exemplos de autores do xénero historiográfico. E terminaremos coa correspondente ración de léxico do latín máis cotián. Sección por sección:
- flexión nominal: 4ª e 5ª declinacións.
- flexión verbal: verbos irregulares máis frecuentes, compostos do verbo SVM, e algúns verbos defectivos e impersoais.
- flexión pronominal: demostrativos deícticos, demostrativos fóricos, e numerais (cardinais, ordinais e distributivos).
- literatura romana: o xénero da Historiografía e os seus autores a través de tres textos como exemplo.
- latín cotián: campo léxico dos animais.
- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- CANE!
- MEMENTO!
Tema 8
Chegamos á LECTIO OCTAVA, na que analizamos as cláusulas simples latinas desde o punto de vista da implicación do emisor na comunicación: aprenderemos como se afirmaba, negaba, ordenaba, prohibía e preguntaba en latín clásico. En canto á flexión, rematamos a pronominal cos interrogativos e indefinidos. Continuamos a nosa aproximación á literatura latina cos xéneros poéticos. Finalmente, teremos tamén a sección de léxico do latín máis cotián. Por partes:
- afirmación, negación, orde, prohibición e interrogación en latín clásico.
- flexión pronominal: interrogativos e indefinidos.
- literatura romana: os xéneros poéticos e os seus autores a través de cinco textos como exemplo.
- latín cotián: campo léxico da sexualidade e as palabras tabú.
- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- MEMENTO!
Tema 9
Na LECTIO NONA abordamos un novo aspecto da flexión verbal: a voz pasiva, con consecuencias importantes para a sintaxe. O apartado sobre cultura e civilización romana continuámolo cun achegamento á vida diaria. No apartado do latín cotián veremos que palabras empregaban os romanos para intentar ofender. Sección a sección:
- flexión verbal: a voz pasiva no verbo latino e o seu funcionamento na cláusula.
- a vida cotiá na Antiga Roma: a vivenda e os seus tipos, a comida e as súas horas, o vestido, o calzado e a imaxe persoal en xeral.
- latín cotián: léxico da ofensa e o insulto.
- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- MEMENTO!
Tema 10
É o momento da LECTIO DECIMA, na que damos un salto importante en relación coa sintaxe: aprenderemos a traducir cláusulas nas que aparece máis dun verbo, traballando sobre os conceptos de coordinación e subordinación. Noutro apartado da materia, completaremos a nosa visión da vida diaria dos antigos romanos. Finalmente, veremos exemplos vivos do que fomos aprendendo sobre o latín de todos os días acudindo ó descuberto no xacemento arqueolóxico de Pompeia. Vexamos os apartados:
- na sintaxe, veremos a cláusula complexa e como traballala, atendendo ós tipos de relación que se poden dar entre dous ou máis núcleos verbais: coordinación e subordinación; dentro desta última, deterémonos nas chamadas relativas, sustantivas e temporais.
- a vida cotiá na Antiga Roma: as etapas da vida, o desenvolvemento da enxeñería, e o tempo de ocio.
- latín cotián: algúns graffiti dos muros de Pompeia.
- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- MEMENTO!
Tema 11
Na LECTIO VNDECIMA completamos a visión sobre os tipos de cláusulas complexas, discutindo a perspectiva das gramáticas tradicionais en canto á subordinación. Por outra parte, veremos un último xénero literario, de moito éxito durante algún tempo na Roma antiga: a comedia. Sobre o latín cotián, seguiremos a ver graffiti pompeianos. Así, as seccións serán as seguintes:
- cláusulas complexas: veremos varios tipos tradicionalmente considerados subordinados, pero que ofrecen dificultades. Trátase das cláusulas adversativas, concesivas, finais, condicionais e causais.
- o teatro romano: as comedias de Plauto.
- latín cotián: máis graffiti dos muros de Pompeia.
- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- MEMENTO!
Tema 12
Rematamos o curso coa LECTIO DVODECIMA. Nela veremos dous aspectos da lingua latina que teñen a súa complicación e serán protagonistas na maior parte dos textos que traballaremos o próximo curso: os participios e os infinitivos. Finalizaremos a LECTIO -e o curso- cunha entrega máis de graffiti pompeianos. Estes son os apartados:
- formas nominais do verbo: participios e infinitivos, coa súa morfoloxía e usos sintácticos.
- latín cotián: derradeiros graffiti de Pompeia.
- LEGE!
- SPECTA!
- LABORA!
- MEMENTO!