Esquema de temas

  • ORIENTACIÓN DEPORTIVA

    Fichas e actividades para realizar dende casa un adestramento e familiarización cos mapas específicos de orientación e a dinámica das carreiras de orientación, na que tiñamos previsto participar o vindeiro 26 de marzo, e que por suposto, será adiada para cando regresemos a unha situación normal.

    En primeiro lugar, van unha serie de fichas que están tamén na carpeta de 3º de ESO. Non está de máis que empecedes por estas.

  • CONDICIÓN FÍSICA: FORZA

    Vouvos poñer aquí as rutinas GAP que xa fixemos na clase, que utilizan os métodos de AUTOCARGA e SOBRECARGA CON ELEMENTOS SINXELOS. Como non tod@s dispoñemos na cas destes elementos, queda á vosa imaxinación e recursos, a utilización doutros materiais!!!

  • AEROBIC/STEP

    Podedes repasar os pasos básicos das coreografías, tanto de aerobic como de step, aprendida na clase, no seguinte vídeo

  • Semana 23/03-27/03

    O video non o puden poñer na AV, así que pasareivolo por wsap, que creo que pesa menos.

  • CALENDARIO MARZO

    MANTENTE ACTIV@

  • Semana 30 de marzo ao 3 de abril

    Feitas xa as fichas de orientación, e en espera de que ao voltar á normalidade podamos facer unha proba práctica real, imos voltar á unidade didáctica de AEROBIC/STEP, que sí é factible de realizar nas vosas casas.

  • RESPOSTAS ÁS FICHAS ORI 4º ESO

    Tedes no ficheiro a continuación as respostas correctas ás FICHAS ORIENTACIÓN 4º ESO.

  • VOLTAMOS DAS VACACIÓNS

    Ola a tod@s! Rematou o periodo vacacional e aquí estamos, de novo virtualmente. Pero ánimo, que xa queda un día menos.

    Polo momento, e á espera de recibir outras instrucións, imos continuar afondando nos contidos xa vistos, aínda que a nós en concreto, non nos virá tan mal, porque con actividades como aerobic, step, tonificación ou traballo de condición física xeral, temos para un ano ou máis!!!! Estes contidos tamén nos permiten manter un grao de actividade física, coas condicións actuais (confinamento, distancia social,..). Vou intentar seguir propoñendo a realización de actividade física nesa liña. Espero que me vaian saindo ademáis cousas divertidas.

    Hai tarefas anteriores ás vacacións aínda sen rematar, @s que non as fixestedes, empezade por aí. Eu seguirei prpoñendo novas actividades semanalmente, así que ánimo. Xa sabedes que vos podedes poñer en contacto conmigo vía mail ou wsap, tamén aquí na propia Aula virtual. Procurade identificarvos ao entrar nesta última, xa que así podo ir facendo rexistro das vosas visitas e, por tanto, o voso seguimento da materia.

    Unha última cuestión, como moitas das entregas serán documentos gráficos, sobre todo os videos, que pesan moito, intentade subilos ao voso Goolge drive, copiades o enlace e enviádesmo ao meu correo, así NON teño que descargalo, que se me peta o DRIVE....

    Vaia rollo que vos colguei. Máis nada, aquí me tedes para calquera consulta, dúbida, etc. Empezamooooooos!!!!!!!

    • Semana do 14 ao 17 de abril

      Para o traballo desta semana propóñovos unha actividade que podedes facer en forma de xogo (se tedes algún pequeno na casa, podedes pasar un pouco de tempo con el/ela, que están aburrid@s) ou podedes facelo en forma de circuito. Iso en canto á tarefa práctica. A tarefa escrita consiste en completar as táboas que vos adxunto nun arquivo e completar a musculatura traballad neses mesmos exercicios. Fácil, ou non?

    • MATERIAL COMPLEMENTARIO CONDICIÓN FÍSICA

      Vouvos adxuntar a continuación os apuntes e fichas entregados a principio de curso sobre CONDICIÓN FÍSICA. 

    • INFORMACIÓN IMPORTANTE

      Adico esta entrada para pedirvos, por favor, que entredes na Aula virtual rexistrándovos, porque se non, non teño maneira de facer un seguimento do alumnado que está a seguir a aprendizaxe.

      • Semana do 20 ao 24 de abril

        Continuamos esta semana, repasando o tema de FORZA, faltan moitas tarefas por entregar, así que déixovos esta semana para ir completándoas.

        A maiores, déixovos algún enlace a actividades para facer en casa, seguindo uns videos. Tarefa: gravar ou sacar fotos dalgunha delas.

      • AVISO IMPORTANTE

        VIDEOCONFERENCIAS CON MARTA

        A partir de mañá xoves 30 de abril, incluido, os xoves en horario de 12:00 a 12:30, terei aberta a miña sala personal en Webex, para que tod@s aqueles que queirades conectarvos para solucionar algunha dúbida, corrección de tarefas, etc. teñades un horario concreto. 

        Non vos teño que invitar á reunión. O nº da miña sala personal é: 233 294 680

        • Mércores 29 de abril

          Hoxe é o último día do mes de abril, o venres 1 de maio é festivo, así que nesta semana temos só unha sesión. a tarefa vai consistir en realizar os tests de resistencia xa propostos en semanas anteriores: test de core e test de ruffier. A partir da próxima semana xa podemos sair, de xeito individual a practicar deporte, polo que vos pedirei, (xa vos vou adiantando), o uso dunha aplicación móbil de correr/andar, para compartir conmigo e que eu poda ver as melloras en resistencia (faremos o test do kilómetro)

        • Semana do 4 ao 8 de maio

          Nesta semana continuamos cos TESTS FÍSICOS. Ides ir completando sesión a sesión unha táboa, coa información referente a cada un dos tests, e os rexistros da vosa práctica.

          Como xa podemos sair a facer deporte individual, (xa sabedes, entre as 6 e 10 da mañá, e 8 a 11 da noite), que mellor excusa para empezar con estes sinxelos rexistros de resistencia.

        • Semana do 11 ao 15 de maio

           Nesta semana deixéivos un pouco libres, para que forades probando a aplicación Runkeeper

          Como vos está funcionando? Eu direivos que teño problema co GPS. Non realiza de xeito fiable a medición. Quería coñecer a vosa experiencia.

          En todo caso, imos combinar este traballo cunha actividade nova: YOGA.

          Podedes utilizalas combinadas (na mesma práctica, rematar con algunha postura de yoga), ou por separado (adicando unha sesión completa só a YOGA).

          Vouvos colgar uns apuntes e unhas actividades para ir facendo ao longo das próximas sesións.

        • Semana do 18 ao 22 de maio

          Nesta semana, ide practicando, de xeito simultáneo ou alternando, as actividades de correr/camiñar coas actividades de yoga/relaxación.

          Engádovos xa o modelo de tarefa final, tedes para entregalo ata a primeira semana de xuño, é decir, 15 días. 

          Durante estes 15 días, ide sumando kilómetros na aplicación móbil e rexistrando as vosas asanas de yoga.

        • MEDIDAS FASE 2 PARA O SECTOR DEPORTIVO

          Enlace á información do "Consejo General de la Educación Física y deportiva", en relación á fas 2 da desescalada por COVID_19

        • Semana do 25 ao 29 de maio

          Esta semana resolvemos o exercicio 1 da actividade. E concretamos o exercicio 2, para ir facendo.

        • AVISO DE ÚLTIMA HORA

          Bo día, hoxe NON podo conectar a videoconferencia no horario habitual, xa que teño unha reunión de profesorado no instittuto. Se queredes estarei coa sala aberta para posibles dúbidas do traballo de yoga de 16:00 a 16:30. Se por calquera motivo, non vos podedes conectar a esa hora, e tedes dúbidas que me queirades preguntar, xa sabedes que podedes facelo directamente por correo electrónico ou wsap.

          Ánimo, que agora si que si.

          FASE 2 "CON SENTIDIÑO"

          COIDÁDEVOS PARA COIDAR DE TOD@S!!!!!

          • Semana do 1 ao 5 de maio

            Nesta sección inclúovos:

            • PDF cos criterios de cualificación, según a cantidade e calidade de tarefas realizadas ao longo deste período excepcional.
            • instrucións para a realización do EXERCICIO 3 da unidade didáctica de IOGA, correspondente á relación entre ASANAS e CUALIDADES FÍSICAS E MOTRICES.
          • CUALIFICACIÓN AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA

            Veña, xa estamos case....de vacacións.

            Se queredes saber a vosa nota final de Educación Física (@s que fixéstedes algunha tarefa no período NON PRESENCIAL), envviádeme un correo electrónico para que vola poda enviar de xeito persoal e individual.

            Non contestarei antes do luns 15 de xuño.

            Agora, para a praia. Practicade moito deporte durante o verán, e desfrutade do aire libre.

            COIDÁDEVOS MOITO!!!!!!

            FELIZ VERÁN!