Los alumnos que tengáis que recuperar la 2ª evaluación debéis de hacer las pruebas que se os indicarán a continuación. 


En este grupo podéis acceder a los videos explicativos para preparar las actividades del día 19.

Proxecto interdisciplinario organizado polos Departamentos de Música, Linguas, Plástica e Orientación, destinado ao alumnado de 4º ESO, cuxo obxectivo principal é a creación dunha curtametraxe sobre a adicción aos videoxogos e ás redes sociais. O alumnado desenvolverá destrezas como a busca de información sobre o tema baixo a supervisión do Departamento de Orientación, elaborará un guión orixinal en galego ou castelán e planificará un storyboard (guión gráfico) coas diferentes escenas. Así mesmo, os alumnos formarán parte do equipo de gravación da curta, na que poderán participar as familias e os membros da comunidade educativa. Finalmente, o alumnado intervirá na edición da curta incorporando á banda sonora orixinal os diálogos, a música e os efectos de son. O produto resultante publicarase na web do centro e na canle de Youtube do instituto para a súa posterior difusión.