O día 30 de xaneiro de 2024, realízanse no IES de Sabón na aula B4 as presentaciones das sesións de "ANÁLISE DE VIABILIDADE" e "CROWDFUNDING", dirixida o grupo de 2º CSAF.
O luns 22 de xaneiro o grupo de 1ºCSAF presencia na biblioteca do IES de Sabón, no abeiro do convenio que ten "La Voz de Galicia" coa "Consellería de Cultura, Educación e Universidade" a gravación dun vídeo para o programa "De 0 a 100". Este proxecto dirixido a emprendedores entrevista o director de Márketing da empresa "Bonilla a la Vista" Diego Armando García sobre a historia, expansión e situación actual da empresa.
O pasado 9 de xaneiro concluíron as sesións conxuntas dos grupos de 1ºCSAF e 2ºCSAF iniciadas o 19 de decembro de 2023, para tratar os temas correspondentes a "Organización e organigrama" e o "Financiamento inicial" da Cooperativa Glega de traballo asociado.
Queda aprobado en reunión da asemblea xeral de socios o logo da S.Coop.
Na tarde do xoves día 19 de outubro de 2023, o grupo de 1ºCSAF acompañados pola xerente do AEPI Marta Marzoa e a profesora Mª del Pilar Martínez Souto visitan a oficina de Abanca en Vilarrodís