Skip to Content

VISITA: CIDADE DA CULTURA - SANTIAGO

O día 14 de decembro de 2022, os grupos de 1º e 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa visitaron a CIDADE DA CULTURA  acompañados pola súa profesora Áurea P.

 O Museo Centro Gaiás é un dos edificios máis singulares e con máis posibilidades de uso da Cidade da Cultura, que aspira a converterse no centro expositivo de referencia de Galicia. Conta cunha superficie expositiva de 6.600 metros cadrados, dividida en tres plantas, nas que acolle exposicións temporais de fondo calado e instalacións que pola súa envergadura non poderían exhibirse noutros centros culturais de Galicia.

O Museo exhibe de xeito permanente un mural de Luís Seoane, realizado na Arxentina na década dos 70 por encargo de Isaac Díaz Pardo para separar o obradoiro e as dependencias administrativas na fábrica de Porcelanas de Magdalena –Celtia S.A.– que el mesmo fundara ao carón do Río da Prata. De 230 por 390 centímetros e 200 quilos de peso, está formado por catro paneis de idéntico tamaño perfectamente ensamblados entre si. Sobre un fondo de táblex de madeira e cartón, pintado en tons amarelos e ocres, Seoane plasmou unhas formas en relevo influenciadas por elementos da cultura popular galega, moi presentes en toda a súa obra do exilio.

 

 

 

 

 

 



book | by Dr. Radut