A dirección do Centro Educativo

Debe habilitar a publicación de notas no Espazo Abalar. Para iso:

  1. Temos que iniciar sesión no Xade cunha conta con permisos de dirección.
  2. En Utilidades->Xestión->Publicación escollemos se queremos e cando queremos que as notas dos diferentes grupos aparezan publicadas no Espazo Abalar.

Publicar cualificacións

O titor do grupo

Non é imprescindible que faga nada

Pode indicar en que enderezo de correo electrónico os pais van a recibir notificación de que teñen as cualificacións dispoñibles no Espazo Abalar. Isto non é obrigatorio, pero si debe asegurarse de que o DNI dos pais ou titores na ficha do alumno é correcto.

Activar notificación para os pais que as notas están dispoñibles.

  1. Escollemos a un grupo. Por exemplo (1º ESO A)
    Xade->Alumnado->Xestión de Alumnos->Busca
  2. Escollemos un alumno
  3. Datos Xerais->Familiares
  4. Marcamos as casillas de verificación "Recibir información vía telemática".

Recibir cualificacións vía telemática

Nesta ventá o titor tamén pode comprobar que os datos do pai, nai ou titor son correctos.

Para máis información premer aquí.

Última modificación: Martes, 13 de Setembro de 2016, 11:39