Esquema de temas

  • Xeral

    • Este tema

      BECAS 2024

      becas

      • Para qué estudios NO universitarios puedo pedir beca?
      -Bachillerato
      -Cursos de acceso y de preparación para pruebas de acceso a la Formación Profesional y cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio y superior, impartidos en centros públicos y privados concertados
      -Formación Profesional de grado medio y de grado superior
      -Enseñanzas artísticas: profesionales y superiores
      -Enseñanzas de idiomas en Escuelas Oficiales, incluida la modalidad a distancia
      -Enseñanzas deportivas
      -Estudios religiosos superiores
      -Formación Profesional de Grado Básico

      • Quién solicita la beca?
      El alumno o alumna. Deben figurar tus datos personales y bancarios.

      • Cuál es el plazo? 
      Del 19 de marzo al 10 de mayo a las 15:00 horas.
       
      • Qué preciso tener a mano:

      1. DNI de todos las personas que forman la unidad familiar
      2. IBAN de una cuenta en la que figures como titular  
      3. Certificado de discapacidad, si es el caso   
      4. Certificado de familia numerosa, si es el caso 
      5. El teléfono para activación de cuentas
      6. Un correo que utilices

      Si necesitas que te ayude pide cita y ven con tu padre, madre o tutor/a legal.


    • TES DÚBIDAS, RESÓLVEAS COA ORI. CONTACTO

      Contacto

      Se queres contactar conmigo podes:

      • pasar nalgún recreo ou hora libre
      • escribirme ao correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal 
      • chamar ao centro e preguntar por min: 881 938 2000
      • avisar ao teu titor ou titora.

      • PARA SER O PRIMEIRO/A EN ESTAR AO DÍA


        redes sociais

        Se queres coñecer todas as novidades de educación e xuventude, incluso cando remates no centro, ademáis da aula virtual podes:

        -Consultar a sección de orientación da web do centro

        -Seguir o canal de whatsapp de piensosientosoy (non se comparten datos)

        -Seguir o canal de telegram de piensosientosoy (non se comparten datos)

        -Seguir a páxina de facebook de piensosientosoy

        -Consultar os enlaces da barra da esquerda do blog piensosientosoy 


        • SEMANA DAS PROFESIÓNS 2024


          Se queres saber:

          como chegar a Medicina por outros camiños,

          como vai iso de estudar no estranxeiro ou noutra comunidade, 

          que ten que ver o Grao de Tradución e o copyright,

          se Ciencias Medioambientais é realmente unha opción con saída, 

          que cousa ten Ciencias Políticas que namora,

           se a nanotecnoloxía é unha ciencia pero moi pequeniña, 

          que trucos do almendruco hai para pasar dunha filoloxía a outra,

          se Publicidade ten o seu aquel,

          que estudar para ser xerente por exemplo no Caribe, 

          ou  como pasar de estar nas nubes a estudar algo que ten que ver coas nubes e a tecnoloxía…

          entón non te podes perder a Semana  das Profesións.

          Aquí te deixo o programa. Lembra vir ao salón de actos rapidiño para non perder minutos de experiencias que vos amosarán un punto diferente de información sobre as Profesións. Espero que vos resulte útil.

        • Feira de Orientación de Ferrolterra. 28 febreiro.

          O vindeiro mércores 28 de febreiro temos unha cita na Feira de Orientación de Ferrolterra. 

          Teredes clase a primeira e logo marcharemos para Ferrol.  Para asistir tendes que cubrir a folla de autorización e entregala en vicedirección antes do martes 20. Podedes quedar sen praza sen non o facedes a tempo xa que confirmaremos as prazas de bus o mércores 21.

          Consultade o programa e as charlas que vos interesan. Aconséllovos tamén pasar polo stand dos nosos ciclos, teñen moito éxito! Bulide antes de que rematemos material porque vos ensinarán a facer unha kokedama, coroa ou similar que, logo, poderedes levar.

        • PROBAS DE ACCESO ESPECÍFICAS AO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

          Lembra que a validez destas probas é de dous anos polo que se estás en 1° de Bacharelato ou Ciclo Superior podes realizar estas probas neste curso. 

          Prazos de matrícula: 

          - Oportunidade do 13 de abril de 2024: desde o día siguiente á publicación desta resolución ata ás 14:00 horas do 12-03-2024.

          - Oportunidade do 18 de xuño (e 19 en virtude do número de aspirantes) de 2024: desde o 25-04-2024  ata as 14:00 horas do 28-05-2024. 

          https://inefg.udc.es/index.php/pruebas-especificas-de-acceso/2012-03-10-09-24-14

          https://inefg.udc.es/index.php/pruebas-especificas-de-acceso/2012-03-10-09-24-14

          • AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES FORMATIVAS NO ESTRANXEIRO

            Xa tendes aberto o prazo para solicitar unha axuda que vos permita costear curso de aprendizaxe de idioma e estancia no estranxeiro. Na imaxe tendes os lugares que podedes solicitar, número de prazas, duración da estancia e coste.

            • Para quen? Para alumnado de 1º e 2º Bacharelato
            • Cales son os requisitos?: 
            - Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incursa/o nalgunha prohibición para a subvención
            - Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/2023.
            - Nota mínima na materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6 no curso 2022/2023.
            - Ter DNI ou NIE en vigor, segundo corresponda. Dispoñer de pasaporte e documentación que permita viaxar ao estranxeiro.


          • NOVIDADE ACCESO AO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

                                                    Imagen pazojpg 2063069294

            Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto. Ata o de agora, a Universidade de Vigo recoñecía o resultado da proba da Universidade da Coruña, pero non se daba reciprocidade.

            Para a admisión do próximo curso, os resultados das probas físicas levadas a cabo por ambas universidades na ABAU 2024 serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG).

            Atentas e atentos aos canais de información de orientación para coñecer cales son os prazos de inscrición ás probas e as datas nas que terían lugar. 


            • AXUDAS PERMISO DE CONDUCIÓN

                                                               Cabina, Conduciendo, Coche, Noche


              AXUDAS ECONÓMICAS

              🚗 400 € para o permiso B
              🚚 650 € para o permiso C
              🚌1.300€ para o permiso D

              REQUISITOS DAS PERSOAS NO MOMENTO DE PRESENTAR A SOLICITUDE

              • Ter entre 18 e 30 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e D.
              • Estar empadroadas en Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
              • Non estar traballando por conta propia nin por conta allea.
              • Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

              🗓 PRAZO
              Desde o 24 xaneiro ao 30 de setembro ou ata esgotar os 800.000€ de crédito.


              DOCUMENTACIÓN E LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

              As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

              Documentación: 

              - Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

              - O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano. 


              MÁIS INFORMACIÓN

              https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0657-030124-0001_gl.html

              • REVOLUTION. MOCIDADE