Skip to main content

TIC I Bach *

TIC I
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Específica 2
Descrición da materia:

As novas tecnoloxías dixitais deben axudar a crear novos ámbitos de aprendizaxe nos cales as alumnas e os alumnos se sintan máis motivados e comprometidos, asuman maiores responsabilidades sobre a súa propia aprendizaxe e poidan construír con maior independencia os seus propios coñecementos. Deberán moverse nun ámbito rico en información, ser capaces de analizar e tomar decisións, e dominar novos ámbitos do coñecemento nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica. Deberán converterse en estudantes de por vida, colaborando con outras persoas para realizar tarefas complexas e utilizando de modo efectivo os diferentes sistemas de representación e comunicación de coñecemento.

As TIC constitúen unha ferramenta decisiva para axudar o alumnado a acceder a vastos recursos de coñecemento, a colaborar con outras compañeiras e compañeiros, consultar a persoas expertas, compartir coñecemento e resolver problemas complexos, representar e expresar as súas ideas e as súas inquedanzas en diferentes formatos (textual, sonoro, icónico e audiovisual...) e a través de diferentes dispositivos.

Os temas a tratar durante o primeiro curso serán os seguintes: historia das TICS, arquitectura dos ordenadores, software de procesador de textos, follas de cálculo, presentacións offline e online, sistemas operativos, softwares de intercambio de información, edición de imaxe, edición de son, introducción a edición de vídeo, redes e a súa simulación, internet e introducción a programación.

Enlaces de interese:

- [Web] GIMP

- [Web] Audacity

- [Web] LibreOffice

- [Web] Cisco Packet Tracer

- [Web] Prezi

- [Web] Filmora

- [Web] Google Drive

- [Web] Dropbox

- [Web] Scratch