Skip to main content

VISITA AO MUSEO DO MAR - PERGAMIÑO VINDEL

 

 

 

 

O alumnado de 2º de Bacharelato de Literatura    galega do século XX e da actualidade, visitan no Museo do Mar de Vigo a exposición Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, na que o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax, e a melodía de seis delas, se exhibirá ao público por primeira vez na historia.

Esta actividades extraescolar terá lugar o mércores, 22 de novembro.

Tamén nos acompaña o alumnado de Ciencias da Terra e de Bioloxía e completaremos a actividade coa visita ao Museo do Mar, guiada pola profesora Mª del Rosario Freijido.