Skip to Content

IES de Cotobade en Elche. “La voz del alumnado”

Mobilidade do IES de Cotobade a Elche.  

Do 23 ao 25 de abril, representantes do profesorado e do alumnado do IES de Cotobade visitaron o IES Severo Ochoa de Elche para coñecer de primeira man a metodoloxía de aprendizaxe por proxectos.  Neses días, o alumnado estivo aprendendo sobre o Alzheimer e as súas consecuencias.

Despois, deseñou unha serie de xogos para estimular a memoria e outras funcións executivas para, finalmente, ir a un centro de maiores e probar os seus xogos con persoas con esta enfermidade.

Un encontro moi emocionante !  

Ademais destas fotografías, podedes seguir este proxecto na seguinte ligazón: 

https://sites.google.com/view/la-voz-del-alumnado/bienvenids

O Programa de Agrupación de Centros Educativos é unha iniciativa destinada a promover a colaboración e o intercambio de experiencias entre as distintas institucións educativas.   

Este programa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte, de dous cursos de duración, reúne ao IES Severo Ochoa (Elche), ao IES de Cotobade (Pontevedra) e ao IES Miguel Catalán (Coslada).

Coa nosa participación nela, e a partir de catro mobilidades, pretendemos intercambiar coñecementos e boas prácticas para mellorar a calidade da educación, ofrecer oportunidades de formación e desenvolvemento profesional ao profesorado, promovendo a innovación pedagóxica e a actualización constante, e fomentar a colaboración e a participación do noso alumnado, que xorden como embaixadores da aprendizaxe, promovendo a colaboración entre os tres centros educativos para traballar en proxectos conxuntos, compartir recursos e xerar sinerxías.

No noso Blog, creado polo alumnado embaixador do IES Miguel Catalán, atoparás unha gran variedade de reportaxes e podcasts que reflicten a riqueza e diversidade deste programa. Desde testemuños dos participantes ata análise de proxectos exitosos, pasando por reflexións sobre as tendencias educativas actuais.



story | by Dr. Radut