Enderezo: Río Tenorio s/n 36120 Cerdedo - Cotobade Teléfono: 886 15 97 84 Correo-e: ies.cotobade@edu.xunta.gal
Visita do 2ºcurso de ESO a Santiago de Compostela
Hoxe o alumnado de 2°ESO, acompañado polas profesoras Marta Rivadulla Bendaña e Milagros García Rajoy, visitou a catedral de Santiago de Compostela.
Alí coñeceu de primeira man o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo e as principais características estilísticas do románico e do barroco galego.
A saída rematou no Museo do Pobo Galego, onde visitaron o Panteón de Galegos ilustres e a única escaleira triple helicoidal de Domingo de Andrade.
Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola iniciativa e organización.