FORMULACIÓN ORGÁNICA

Picture of Theobromine 3D model

Para repasarmos a formulación orgánica imos empregar a páxina alonsoformula.com, feita por un profesor de física e química de Vigo.

De comezo, podes comezar repasando conceptos previos como os tipos de fórmulas químicas que se empregan na química orgánica, as distintas cadeas carbonadas dos compostos orgánicos ou os tipos de isómeros.

Á hora de practicar coa formulación orgánica é imprescindible coñecer a ORDE DE PREFERENCIA. Trátase dun convenio acordado pola IUPAC para establecer, cando hai máis dun grupo funcional nunha molécula (algo tremendamente habitual se pensamos en que existen millóns de compostos orgánicos diferentes), cal é o xeito de nomeala.

Aquí debaixo tes unha táboa cos 17 grupos funcionais que imos estudar. Picando nas ligazóns da columna da esquerda, vas á explicación de cada grupo funcional.

Tamén EXERCICIOS para practicar.

FUNCIÓN GRUPO FUNCIONAL EXEMPLO
ALCANOS NON TEN
ALQUENOS
ALQUINOS

HIDROCARBUROS

CÍCLICOS

NON TEN
AROMÁTICOS
HALOXENUROS
ALCOHOIS
FENOIS
ÉTERES
ALDEHIDOS

CETONAS
ÁCIDOS CARBOXÍLICOS
ÉSTERES
AMINAS

AMIDAS

NITROCOMPOSTOS
NITRILOS

 

Última modificación: Xoves, 8 de Abril de 2021, 03:19