Animacións Ácido-Base

Como vimos na teoría, segundo Brønsted e Lowry, son ácidos aqueles compostos que teñen tendencia a ceder protóns, H+, a outra especie e bases son aquelas substancias que tenden a aceptar protóns, H+, doutra especie.

Nesta animación poderás aprender un pouco máis sobre conceptos relacionados cos ácidos e as bases. Por exemplo, a diferenza entre ácidos ou bases fortes e ácidos ou bases débiles ou fracas, que está relacionada co grao de disociación ou ionización do ácido ou base na auga. Así, os fortes estarán totalmente disociados, mentres que os débiles só o estarán parcialmente, como podes ver nestas dúas capturas da animación.



Na animación, podes cambiar entre distintos tipos de substancias, así como mudar a vista, ben para ver as moléculas -como nas imaxes de enriba- ben para ver a cantidade que hai de cada unha das substancias presentes.

Última modificación: Martes, 2 de Febreiro de 2021, 23:45