Actividades

ACTIVIDADES PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

v Campañas de información e divulgación. Estas campañas teñen un percorrido anual, aínda que é no segundo trimestre cando máis nos centramos nelas: reparto do material enviado desde a Dirección Xeral de Política Lingüística, procurando que os diversos Departamentos Didácticos o coñezan, reparto de información actualizada sobre os fondos en galego que se gardan nas distintas seccións da Biblioteca. Colaboración co Equipo da Biblioteca na elaboración de materiais e actividades relacionados co fomento da lectura en galego.

v 

 Certames: Posta en marcha da convocatoria do Certame Literario “Celso Emilio Ferreiro” e mais o  Certame de cartelería para promocionar o emprego do galego entre o alumnado, con edición do cartaz gañador e difusión do mesmo polo centro e pola vila. Os premios do certame entregaranse no contexto da celebración do Día das Letras Galegas.

v

Recollida, selección e inicio da primeira fase de corrección da revista “O Poleiro”

v

Intercambio epistolar: por en marcha un intercambio epistolar entre os alumnos de último ano dos centros da Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca de Terra de Celanova-Baixa Limia.

v 

Seguir cooperando coa Coordinadora comarcal de Equipos de do Normalización e Dinamización Lingüística da comarca de Terra de Celanova-Baixa Limia na realización das actividades postas en marcha como a celebración encontro escolar pola normalización lingüística na comarca da que neste ano somos anfitrións.

 

v

Intercambios: Como cada ano o EDLG contactou cun centro afín ao noso pertencente a unha área dialectal distinta, o IES Mestre Landín, de Marín. Estamos elaborando unha oferta de actividades para atraer ao centro visitante: roteiros, visitas, lecturas con acompañamento musical dos nosos autores e edición de trípticos informativos para o alumnado do intercambio i en breve recibimos a súa visita.

 

 

 

 

Distribuir contido