Localización

Identificación do Centro

Denominación:
  I.E.S. Celanova Celso Emilio Ferreiro
Código:
  32016625
Enderezo:
  Fdez. Losada s/n C.P.: 32800
Localidade:
  Celanova (Ourense)
Teléfono:
  988431565
Fax:
  988431460
Provincia:
  Ourense
Correo electrónico:
  ies.celanova@edu.xunta.es

Onde o mundo se chama Celanova

A vila de Celanova, berce de importantes e ilustres personaxes e poetas, entre os que sobresaen Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, nace para a vida da humanidade alá polo século VI denantes da nova era.

torre

Mais será ó longo de toda a Idade Media cando esta vila adquira a máis grande importancia desde o momento no que o rei Sancho Ordóñez de Galicia doe ós condes vilanovenses a “villae de Vilare” no ano 927 e alí funde o futuro San Rosendo, no mes de setembro do 936 a abadía benedictina de San Salvador. Desde o momento da sua fundación, recibiu abondosas doazóns principiando polos propios reis e os herdeiros, que estenderon a sua influencia e dominio pola comarca e provincia. Pero xa no século X deixaba esta vila unha das poucas xoias que hai da Arte Mozárabe –a capela de San Miguel- en España, fundada con probabilidade no ano 937.

mosteiro

O actual conxunto do mosteiro é da segunda metade do século XVII e comezos do XVIII. A igrexa foi planificada polo arquitecto Melchor de Velasco e edificada sobre a antiga igrexa románica que foi derrubada. É de planta de cruz latina con tres naves e tres tramos cada unha delas, máis outra nave transversal que forma o cruceiro. Son a destacar: a cúpula de media laranxa ramatada cunha lanterna perforada con ventás; o inmenso retábulo barroco do Altar Maior; os coros Alto -de estilo gótico flamíxero- e o Baixo situado na nave principal de estilo barroco e atribuido ó escultor Castro Canseco. A riqueza interior complétase coa monumental fachada barroca rematada no ano 1653, aberta á Praza Maior da vila

fachada

A igrexa ten adosada ó sur o Claustro das Procesiones con bóvedas de nervaduras e formas de estrelas, de tradición gótica no primeiro corpo principiado no Renacemento, máis cun segundo corpo no barroco máis suntuoso.

claustro2

Unido ó Claustro das Procesiones polo á sur encóntrase o segundo claustro, máis sinxelo, moderno e de estilo Neoclásico, rematado no ano 1727. Está formado por dous corpos superpospos de planta cuadrada. E coñecido como o Claustro do Poleiro, pola galería abalaustrada que sobre artísticos canzorros percorre tres das catro ás. A á que une ámbolos dous claustros está ocupada pola Biblioteca con estructuras artísticas de madeira de castiñeiro, corpos cadrangulares separados por estípites e o teito recuberto con bóveda de casetóns.

Biblioteca

O Claustro do Poleiro é o que na actualidade alberga as dependencias do I.E.S. de Celanova. Despois das súas funcións monacais, tra la desamortización do século XIX tivo distintos usos –incluído o de Prisión Central- durante a Guerra Civil e os anos seguintes (1938-1943) ata que foi restaurado e destinado para fins educativos, recibindo no ano 1984 o primeiro premio “EUROPA NOSTRA”. Si os celanovenses se senten orgullosos de algo, é sen dúbida do seu patrimonio artístico, deste mosteiro.

claustro
Distribuir contido