NOVAS (actualizado 30/11/2021)
CONCURSO-EXPOSICIÓN PRATOS TERRORÍFICOS DE SAMAÍNEste ano decidimos probar os vosos dotes culinarios e a imaxinación á hora de preparar pratos terroríficos para festexar o Samaín o vindeiro venres 29 de outubro. Se eres unha persoa atrevida e imaxinativa, anímate a participar. Podes consultar as bases no seguinte documento: Ligazón bases concurso. Ademais, se non tes a plantilla para rechear os datos básicos da receita, podes descargalo nesta ligazón. Se eres alumnado de ESO, deberás entregar a receita a través da Aula Virtual, en Dinamización Lingüística. O resto de alumnado pode enviala ao enderezo: linguagalega.iescastrodauz@gmail.com PROXECTO FP BÁSICA8 DE MARZO. DÍA DA MULLERO alumnado de FP Básica de Informática de Oficina do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes, vén de desenvolver un innovador proxecto, no que mestura arte, investigación e multimedia, todo iso aderezado coa sensibilidade das nosas e dos nosos artistas. O resultado son estas espectaculares obras, nas que retrataron e pintaron catro persoas escollidas en votación polo alumnado e que representan ámbitos moi diferentes, que por suposto, están protexidas con máscaras imprescindibles en tempos de pandemia. As elixidas foron catro mulleres: Rosalía de Castro, Malala, Frida Kahlo e A rapaza da Perla. Cada cadro contará cun código QR que permite acceder a un vídeo explicativo do proceso creativo, así como información sobre a persoa retratada. Vídeo promocional ESOIES Plurilingüe Castro da Uz 2021"Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia"Xoves 11 de FebreiroEste ano non poderemos contar coa visita presencial dunha muller científica no noso centro, pero imos dar visibilidade a este día proxectando o seguinte vídeo |
|
Despois de todo un trimestre de clase chegamos a este merecido descanso de Nadal con bos resultados no que ten que ver coa contención da pandemia dentro do instituto. Isto é froito da responsabilidade colectiva, tanto dentro do centro coma no ámbito familiar. Debemos seguir insistindo nas medidas de precaución para poder afrontar o segundo trimestre con éxito. Temos que protexernos disto todos xuntos, paso a paso, e aínda queda un longo camiño por andar ata voltar á desexada normalidade. No nome de todo o equipo profesional do IES Plurilingüe Castro da Uz desexámosvos unhas Boas Festas!!!. Unha aperta e moita saúde!!! Vémonos o vindeiro venres, 8 de xaneiro de 2021. Postal de Celia Alvariño, 3º ESO |
|
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS Destinadas a persoas que non reunen os requisitos académicos para acceder a un ciclo formativo. No caso de superala, o/a participante podería matricularse nun ciclo formativo.Inscrición para a proba de ciclo superior: do 18-Feb ao 3-Mar Inscrición para a proba de ciclo medio: do 15 ao 26 marzoCalendario completoMáis información |
|
CURSOS AFD 2021 (Accións formativas para desempregados/as) Comezo inmediato dos seguintes cursos:
Infórmate no 881930001, na Secretaría do instituto ou na Oficina de Emprego (INEM) |
|
DELF Scolaire 2021
|
|
ADAPTACIÓNS PROTOCOLOS E PLANS IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ
|
04/10/2020 |
DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE |
26/09/2020 |
ORDES E PROTOCOLOS OFICIAIS A continuación podedes consultar toda a documentación oficial referente á organización do curso 2020-2021
|
26/09/2020 |
EDUEMPRENDE. CONCURSO ATRÉVETE A TER UNHA IDEA Xa coñecemos as gañadoras do concurso “Atrévete a ter unha idea” do programa Atrévete 2020 de fomento do emprendemento, no que participa por cuarto ano consecutivo o IES Plurilingüe Castro da Uz, trátase de dúas alumnas de 1º ESO:
NOA FERREIRO BELLAS LAURA VISPALIA DÍAZ Parabéns as gañadoras e grazas a todos os participantes!!!
Ao comezo do vindeiro curso teremos a entrega de premios.
Agradecemos enormemente a colaboración e participación da Asociación de Empresarios SEARA neste atractivo proxecto, así como á profesora Amparo Bermúdez e ao director José Antonio López que o coordinaron no centro.
|
|
CALENDARIO EXAMES FINAIS CICLOS FORMATIVOS Achegamos as datas dos exames finais dos diferentes ciclos formativos: |
|
CONCURSO ATRÉVETE A TER UNHA IDEA O concurso "Atrévete a ter unha idea " do programa Eduemprende segue adiante.
O noso centro vai participar con todo o alumnado de 1ºESO que presentou as súas ideas
|
15/05/2020 |
GALICIENCIA 2020 Debido a que xa se cubriron as 100 prazas dispoñibles para o 1º campamento tecnolóxico online de Galicia que promove Tecnópole... ‼️! VAISE CELEBRAR UNHA 2ª QUENDA do 20 ao 31 de xullo ‼️
|