COMEDOR CURSO 2023-24
Enviado por admin o Ven, 07/21/2023 - 14:41Unha vez recibida as instrucións que regulan o funcionamento dos comedores escolares, comunicámos que está aberto o prazo de formalización da solicitude de comedor para o vindeiro curso 2023-2024.
Para formalizar a praza de comedor é necesario entregar os dous seguintes documentos debidamente cumprimentados na secretaria do centro entre 26-31 de xullo de 2023.
Pódense descargar os impresos nas seguintes ligazóns ou pasar a recollelos polo centro.
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24
Enviado por admin o Mér, 05/24/2023 - 12:47Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Enquisa educación inclusiva para familias
Enviado por admin o Mér, 05/24/2023 - 12:46ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24
Enviado por admin o Lun, 03/20/2023 - 16:03Rematado o prazo ordinario de admisión para o curso 2023-24, TODOS os solicitantes obteñen praza no noso centro.
O equipo directivo
FIN DA OBLIGATORIEDADE DO USO DE MÁSCARAS NO TRANSPORTE PÚBLICO
Enviado por admin o Dom, 02/12/2023 - 15:06Seguindo a lexislación indicada polo BOE do 8 de febreiro de 2023, remata a obrigatoriedade de uso de máscaras no transporte público, polo que esa decisión será tomada de xeito libre e voluntario polo noso alumnado, que deixa atrás así, a última das restriccións da pandemia. A actitude de todas elas e eles durante estes longuísimos 3 anos foi exemplar.
PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO
Enviado por admin o Ven, 07/01/2022 - 06:58Todo o alumnado do IES Carlos Casares que no vindeiro curso 2022/23 se matricule en 4º da ESO, Bacharelato ou ciclos de formación profesional pode solicitar formar parte do programa que se xestionará dende o centro no vindeiro curso, referente ás probas de nivel lingüístico ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Todo o alumnado interesado, pode solicitar e asinar no IES Carlos Casares o compromiso de participación ata o 12 de xullo, incluído, ou obter información adicional no 988788594.
ACTUALIZACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN FRONTE A COVID- 19 NO CENTRO
Enviado por admin o Xov, 04/21/2022 - 21:44USO DA MÁSCARA
De acordo ao Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 (BOE, 20 de abril), a mascara deixa de ser obrigatoria en todos os espazos do instituto, como norma xeral. Polo tanto, non se poderá obrigar a ninguén a usar máscara ou a non usala, salvo nos casos indicados a continuación:
- Continúa a ser obrigatorio o uso da máscara:
1. Se es positivo asintomático para COVID e ves ao instituto. Terás que levar máscara, cando menos, 10 días. Se tes síntomas e es positivo para COVID consulta co teu médico ou a túa médica, se debes vir ou non ao centro educativo.
2. No transporte escolar e no transporte das actividades extraescolares.
- É recomendable o uso de máscara
1. Por persoas con algún tipo de vulnerabilidade e, en todo caso, as persoas maiores de 60 anos.
2. As persoas que convivan con persoas vulnerables, polo tanto, en risco.
3. Se estás sufrindo algún proceso infeccioso respiratorio, con produción activa de tose. Esta debería ser unha medida a manter cara o futuro como hábito de promoción da saúde pública.
De acordo, ás Directrices de 21 de abril da Consellería de Sanidade sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia, “resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro".
VENTILACIÓN
A ventilación segue sendo a primeira medida de prevención, debendo asegurarse e/ou reforzarse logo de eliminar a obrigatoriedade do uso da mascará , xa que o risco de contaxio pode aumentar.
Polo tanto, mantense a ventilación cruzada, coa porta da aula e unha ventá (cando menos) aberta. Dependendo da climatoloxía deberemos maximizar a ventilación.
O control da ventilación por parte do equipo COVID será aleatorio e mostral, revisando, cando menos, 2 espazos en cada xornada. O mesmo procedemento farase coa medición do dióxido de carbono no aire.
DISTANCIA DE SEGURIDADE E DESINFECCIÓN DE MANS
Debemos continuar mantendo unha distancia mínima de seguridade de 1,5 metros , e continúa a ser obrigatoria cada vez que entremos no centro desinfectar as mans. Xa no haberá supervisión docente na entrada. É obrigatorio, pero apelamos á responsabilidade de todas e todos para o seu cumprimento. No resto da xornada deberase manter as desinfeccións que se viñan facendo (recreos, comedor, etc).
A entrada ao centro seguirá igual: facendo fila no exterior, mantendo a distancia de seguridade, podendo entrar cando alguén do persoal do centro o indique (non antes das 09:10 horas).
Debemos continuar facendo do IES Carlos Casares un espazo seguro para toda a comunidade, incluídas as persoas convivintes, como fixemos ata agora dun xeito exemplar. Lembramos que o virus aínda está presente na comunidade, cunha incidencia relativamente importante.
